Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña desaparece dos orzamentos da Xunta para 2010, según o BNG,

NOTA DE PRENSA
A Mariña de Lugo desaparece dos ornamentos da Xunta para 2010

Mais da metade da inversión do corredor deixase para despois de 2013

A Mariña de Lugo desaparece dos orzamentos da Xunta de Galiza para 2010, xa non so pola ausencia de referencias a investimentos concretos nos concellos da nosa comarca, senón pola contía das inversión previstas na proposta orzamentaria para 2010.

Neste sentido, para o Bloque Nacionalista Galego, resulta particularmente grave que nos orzamentos deste ano so se recollan 4.5554.000 euros para as actuacións nos tramos lucenses do corredor Barreiros-San Cibrao, deixando para despois de 2013 70 millóns de euros, o que supera con moito a metade do investimento preciso para execución deste vial. A raquítica inversión deixa as claras a falla de vontade política por parte do goberno popular en facer realidade esta obra e o escaso peso dos representantes lucense no mesmo, posto que na provincia da Coruña, duplícase o investimento para a mesma obra; e sobre todo a falla de palabra do goberno galego. A vista dos orzamentos fica claro que a conexión da Mariña con Ortegal fica parado polo actual goberno fronte ás promesas electorais de Feijoo e os anuncios dos dirixentes comarcais do Partido Popular. Os nacionalistas agardamos que os alcaldes do PP da Comarca da Mariña amosen o mesmo espírito reivindicativo do que deron mostras na manifestación do Vicedo, así mesmo, agardamos contar co voto do Sr. Balseiro para aumentar esta contía nos orzamentos de 2010. Xa por último o BNG agarda que se deixe de xogar cos veciños da Mariña en relación con esta obra, neste sentido presentará unha proposición non de Lei para garantir prazos e financiación, ana perspectiva de que esta obra sexa rematada no horizonte de 2013

Os peores temores do BNG vense cumpridos nos orzamentos da Consellaría de Sanidade para o ano 32010, no que non aparece unha soa referencia á Mariña, poñendo xa que logo en risco a execución do Plan Director do Hospital da Costa e dese Logo inviabilizando calquera tipo de ampliación e do aumento dos servizos sanitarios. Tal como temos dito, a verdade só ten cun camiño e estas contas quítanlle a máscara aos argumentos da Conselleira de Sanidade de do Portavoz Parlamentar, Balseiro, que anunciaban nos últimos días melloras de todo tipo para a sanidade pública na costa.

O BNG, comparecerá nos próximos días publicamente para facer unha análise mais demorada da proposta orzanmentaria, nesta primeira valoración, quer expresar a súa mais absoluta insatisfacción coa proposta ( a maiores da partida do corredor recóllense outras dúas actuacións), particularmente polo que ten a ver coa falta de medidas de apoio aos sectores productivos da comarca e que contribúan á dinamización económica. A Xunta de Galiza, nin asume o papel que o sector público debe xogar en momentos de crise, incentivando o investimento, non por outra banda, establece liñas de actuación na comarca da Mariña dirixidas a apoiar a creación de emprego, como acontece por poñer un exemplo, na Costa da Morte.

Exit mobile version