SANTIAGO .- Segundo ADEGA, o Proxecto de Lei que vai regulamentar o aproveitamento eólico aprobado onte polo consello da Xunta, abre a porta a máis desfeitas ambientais e fomenta a corrupción institucional. Non só é mentira a “blindaxe” da Rede Natura, novamente sometida a escandalosos estudos-declaracións de impacto “á medida” , moeda común durante a era Fraga, senón que déixase vía libre aos concellos (amigos) para permitir ás empresas a ocupación do chan rústico de proteción cunha simples licenza. Como aconteceu co urbanismo no litoral, nos que os concellos lexislaban sobre espazos de interese xeral, esta medida é unha nova porta aberta á corrupción e ao clientelismo. Voltamos á política eólica “express”, ben coñecida por todos os ecoloxistas e que ADEGA non pode nen quere esquecer: parques por toda a Rede Natura (Xistral, Suido, Brañas do Xestoso, Serra da Meda…) apesar de afectar a hábitats prioritarios escasos e únicos en Europa. Os redactores e asinantes daquelas declaracións de impacto teñen de novo relevantes cargos no goberno do Sr. Feijóo: xa sabemos o que deles podemos agardar!
A lei eólica do PP é unha porta ás desfeitas ambientais, á corrupción e o clientelismo, asegura ADEGA
A lei eólica do PP é unha porta ás desfeitas ambientais, á corrupción e o clientelismo, asegura ADEGA
Relacionado
-
A CIG reclama unha intervención contundente da Xunta fronte ao peche patronal de Sargadelos
-
O debate sobre Alcoa na Comisión de Industria do Senado acabou nun texto compartido e transaccionado entre PSOE e PP
-
A subdelegada do Goberno coordina o dispositivo de seguridade para a Semana Santa de Viveiro e destaca o descenso da criminalidade do concello nun 11,6%