BURELA (FNC) .- A concelleira de Igualdade, Neves Cando, recibiu esta tarde de mans da edil de Muller de Foz, Rosa Alonso o libro de sinaturas contra a violencia de xénero que segue o seu percorrido polos concellos galegos.
Cando dixo que “esta iniciativa do Concello de Betanzos chegou hoxe a Burela. Esta andaina de compromiso cidadá contra a violencia de xénero comenzou aquí na Mariña o 30 de xullo en Ribadeo e continuou polos Concellos de Barreiros e Foz. E chega agora á nosa vila para que todos os veciñas e veciñas do noso pobo que así o desexen asinen contra esta lacra social que supón a violencia machista”.
A edil nacionalista sinalou que “cando libros coma éste non teñan razón de ser, todas e todos viviremos nunha sociedade máis xusta, éste é o noso desexo e o noso compromiso e agora convidamos a todas as veciñas e veciños de Burela a que acudan ao Concello para asinar públicamente contra a violencia de xénero. Poderán facelo desde mañá mesmo (28 de outubro) nas dependencias da Casa do Concello en horario de oito da mañá a tres da tarde”.