A relixiosidade de hoxe en pouco semella a dos devanceiros que sentían un enorme respecto por estes monumentos, tratándoos mesmo de santos. A inauguración dun novo constituía todo un acontecemento non só para os veciños do lugar, senón tamén para os das parroquias derredor.
Un cruceiro completo está formado por varias pezas que os vellos santeiros encaixaban maxistralmente unhas nas outras de xeito que o vento non fose capaz de derrubalo, nin tampouco unha persoa si se agarrase a el, está composto de cinco pezas: baseamento, pedestal, columna, capitel e cruz.
A orixe, todas cantas hipótese se levan exposto ata agora, ningunha acaba de convencer de todo. Agás algún caso illado e moi discutido, o comezo da difusión dos cruceiros ten lugar na baixa idade media, en particular a partir da segunda metade , do século XIV, como nos conta no seu libro os cruceiros o profesor Clodio González Pérez con un moi bo traballo bibliográfico. O máis antigo de cantos se conservan actualmente é o de Melide do século XIV, pero só a cruz, tratase dun exemplar único.
Da mesma época e o de Ribeiras do Sor (Mañón), o do claustro da catedral de Mondoñedo, de finais do século XV, quizais sexa un dos máis antigos de cantos se conservan na provincia de Lugo.
As persoas que se dedicaban a esculpir cruceiros recibían o nome de santeiros, esta denominación case se pode dar por perdida agora adoitase empregar o de escultor.
A comarca da Mariña non destaca polo numero destes monumentos, pero si a veciña Terra Cha cun bo numero algúns en perfecto estado de conservación.