NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que o alcalde actúa con irresponsabilidade cando fala do Hospital.
Afirman que ainda non falou coa Xunta e que se apunta á pancarta.
González Barcia pídelle a Ismael Rego que non fale do que nunca defendeu.
O GMPP de Burela asegurou hoxe, a través dunha nota de prensa, que o comportamento do alcalde de Burela é absolutamente irresponsable á hora de falar da área sanitaria e do Hospital de Burela porque fala sen saber do que fala, dado que na Consellería de Sanidade ainda están agardando pola súa chamada interesándose por estas cuestións. Ademais, os cidadáns de Burela deben saber que o alcalde asistiu á reunión da Comisión de Participación Cidadá do Hospital de Burela, pero abandonou a reunión ó pouco tempo para acudir a unha reunión da plataforma creada polo Bloque.
Para os populares, esto non é serio. Temos un alcalde que non se fala coa Xunta, que non está onde debe estar, e que por riba mesmo se apunta ó panfleto e á pancarta. Así lle vai ó concello e así nos vai ós cidadáns deste concello cun alcalde que non pode presumir de nada: só pode presumir de vago.
Por outra banda, José María González Barcia pediulle a Ismael Rego que non fale do que nunca defendeu, porque nos anos que leva este home en política, asegurou Barcia, falta a primeira xestión que fixera polo Hospital. Barcia asegura que a preocupación de Rego polo Hospital é solo a de facer barullo e confusión, ainda que o bon é que xa ninguén lle cré a un home que nunca fixo nada nin por Burela nin pola Mariña.