Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro de nutrición no Centro Social de Morás, en Xove

O Concello de Xove, a través da Aula de Medio ambiente, organiza un obradoiro de nutrición que terá lugar o venres 30 de outubro no Centro Social de Morás de cinco a oito da tarde.  As persoas interesadas en anotarse a dita actividade poden inscribirse no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello , ata o día 29 de outubro, deberán porse en contacto con Pilar, coordinadora da Aula de Medio Ambiente, chamando ao teléfono 982592001. A actividade consistirá nunha breve charla sobre os coñecementos básicos nutricionais (alimentos, dietas, vitaminas e minerais…) e na elaboración e degustación de productos saudables.

Exit mobile version