O Concello de Xove, a través da Aula de Medio ambiente, organiza un obradoiro de nutrición que terá lugar o venres 30 de outubro no Centro Social de Morás de cinco a oito da tarde. As persoas interesadas en anotarse a dita actividade poden inscribirse no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello , ata o día 29 de outubro, deberán porse en contacto con Pilar, coordinadora da Aula de Medio Ambiente, chamando ao teléfono 982592001. A actividade consistirá nunha breve charla sobre os coñecementos básicos nutricionais (alimentos, dietas, vitaminas e minerais…) e na elaboración e degustación de productos saudables.
Obradoiro de nutrición no Centro Social de Morás, en Xove
Obradoiro de nutrición no Centro Social de Morás, en Xove
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela