Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro de cosmética natural en Xove

A aula de Medio Ambiente do Concello de Xove organiza a segunda edición dun obradoiro de cosmética natural no que abordará a elaboración de xabóns, cremas, tónicos, aceites corporais, dentífricos. As persoas interesadas deben poñerse en contacto con Pilar, chamando ao Concello 982592001 ou ben acudindo ao departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do mesmo. O Obradoiro está programado para o día 22 de outubro no Centro Social de Morás de 17:00 a 20:00 da tarde.

Exit mobile version