Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE reclama máxima celeridade na tramitación da modificación do novo acceso ao porto de Burela

Nota de Prensa

REGO RECLAMA A MÁXIMA CELERIDADE NA TRAMITACIÓN DA MODIFICACIÓN DO PROXECTO DO NOVO ACCESO AO PORTO DE BURELA

– O deputado sinala que esta infraestrutura é imprescindible para o pais, para o desenvolvemento da actividade portuaria e a mellora da accesibilidade ao enclave urbano de Burela, no que esta radicado o Porto

Santiago , 15 de outubro de 2009.  O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interpelou hoxe, na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia, á Directora Xeral de Obras Públicas para coñecer os motivos da paralización das obras de acceso ao porto de Burela.

Rego valorou positivamente a disposición da Xunta para sacar adiante no prazo mais breve posible a modificación do proxecto do novo acceso ao porto de Burela e a boa sintonía con FEVE, para abordar conxuntamente as consecuencias do corremento de terras que se descubriu durante os traballos de explanación por parte da empresa adxudicataria

O deputado socialista reclamou a máxima celeridade na tramitación da modificación, e da nova posta en marcha da execución das obras . Sinala que esta infraestrutura é imprescindible para o pais, para o desenvolvemento da actividade portuaria e a mellora da accesibilidade ao enclave urbano de Burela, no que esta radicado o Porto.

Por último lembrou que este proxecto pasou distintas visicitudes dende o ano 2002 no que foi elaborado, e que non permitiron a licitación e a adxudicación das obras ata o ano 2008 xa que se viron afectadas. Primeiro pola súa paralización por un litixio xudicial con un particular afectado, e agora novamente como consecuencia da inestabilidade dos terreos que non estaba prevista no proxecto.

Exit mobile version