NOTA DE PRENSA
REGO DENUNCIA NO PARLAMENTO QUE O GOBERNO DE FEIJOO “NON TEN FOLLA DE RUTA” PARA O PORTO DE ALCOA EN SAN CIBRAO
– O deputado lucense dixo que o Presidente de Portos de Galicia “non aclarou o mais mínimo” a estratexia e xestión do Goberno Galego para abrir o trafico comercial xeral o porto de Alcoa en san Cibrao
– Segundo o deputado socialista as explicacións do Presidente de Portos “so poden clasificarse de meras soflamas declarativas”, como veu facendo o PP ao longo dos últimos 4 anos
Santiago , 9 de outubro de 2009. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interpelou hoxe, na Comisión 8ª do Parlamento, ao Presidente de Portos de Galicia para coñecer si o Goberno Galego esta elaborando algún estudio relativo á posibilidade de apertura ao Porto de San Cibrao ao trafico comercial xeral, e a algunha valoración do impacto desta medida, e coñecer tamén si hai algunha negociación co Goberno Central ou co Grupo Alcoa S.A ao respecto. Denunciou que o Goberno de Feijoo “non ten folla de ruta” para o porto de Alcoa en San Cibrao.
Rego afirmou que o responsable do Goberno Galego que “non aclarou o mais mínimo” a estratexia e xestión do Goberno Galego para abrir o trafico comercial xeral o porto de Alcoa en san Cibrao, nin tampouco sobre a creación da autoridade portuaria de san Cibrao que actualmente forma parte da autoridade portuaria de Ferrol.
Segundo o deputado socialista as explicacións do Presidente de Portos “so poden clasificarse de meras soflamas declarativas”, como veu facendo o PP ao longo dos últimos 4 anos, e “sen concretar ningunha xestión de resultados realizados coa empresa Alcoa” ( titular da concesión do Porto), nin co goberno central, encamiñadas a súa apertura ao trafico comercial e moito menos para a creación da autoridade portuaria.
Rego dixo que o Presidente de Portos de Galicia limitouse a anunciar a elaboración dun estudio sobre o posible impacto que poida supoñer a apertura do Porto no tocante a tráficos potenciais, financiamento e impactos. E insistiu tampouco se pronunciou sobre a negación da posible transferencia ou delegación da xestión do porto á Comunidade Autónoma.
O deputado mariñao argumenta que sobre este asunto o PP non aportou nada novo que non fose a posición mantida polo PP -nos 8 anos que gobernou en España en 16 en Galicia- onde non so non se adoptou ningunha medida sobre a apertura do Porto ao trafico comercial xeral, senón, que se vendeu o grupo empresarial, baixo mandato de Aznar, a unha empresa privada xunto coa titularidade da concesión. Motivo polo cal a día de hoxe, a decisión non pode adoptarse dende a iniciativa publica senón contando en exclusivo co grupo privado (Alcoa).