NOTA DE PRENSA
REGO DENUNCIA A “NUBE DE INCERTIDUME” CREADA POLO GOBERNO DE FEIJOO, SOBRE A AREA SANITARIA DA MARIÑA LUGUESA E A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL COMARCAL DA COSTA
– Denuncia que a Directora Xeral o único que fixo foi descualificar a xestión do anterior Goberno, sen asumir ningún compromiso sobre a ampliación do Hospital da Costa que deixou planificada e prevista o anterior executivo
– O deputado lucense afirma que a intencionalidade do Goberno é levar adiante unha descapitalización clara do Hospital da Costa, restándolle autonomía e negándolle calquera posibilidade de mellora ou ampliación
– Defendeu o Hospital da Costa como un Hospital Xeral tanto pola súa carteira de servizos e o cadro de persoal, conqueridos ao longos dos últimos anos como consecuencia das demandas da poboación ao atoparse esta comarca alonxada de calquera outro centro hospitalarios de referencia
Santiago , 2 de outubro de 2009. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego lamenta hoxe a nube de incertidume mantida polo Goberno Galego sobre a area sanitaria da mariña luguesa , e a ampliación do hospital Comarcal da Costa de Burela.
Rego interpelou hoxe, na Comisión 5ª do Parlamento, á Directora Xeral da Asistencia Sanitaria para coñecer as conclusións e previsións da Xunta respecto ao Plan Funcional do citado Hospital.
Segundo o deputado socialista, na súa intervención a responsable autonómica, o único que fixo foi descualificar a xestión do anterior Goberno, sen asumir ningún compromiso sobre a ampliación do Hospital da Costa que deixou planificada e prevista o anterior Goberno.
Rego denunciou a gravísima improvisación demostrada pola Directora Xeral na súa intervención, sobre o servizo básico para a poboación, como é atención sanitaria. Máxime- subliñou- cando se trata dun centro hospitalario que da atención a unha comarca con mais de 71.000 habitantes, e no que anterior Goberno investiu 9.6 millóns de euros.
O deputado lucense afirma que a intencionalidade do Goberno é levar adiante unha descapitalización clara do Hospital da Costa, restándolle autonomía e negándolle calquera posibilidade de mellora ou ampliación. Tanto no que respecta a súa carteira de servizos como o numero de camas e persoal, ata o punto de que o que se transluce da estratexia marcada polo Goberno, e a súa conversión nun ambulatorio tentado levando a sanidade na zona 25 anos de atraso.
O deputado mariñao di a posición do Goberno de Feijoo crea incertidume e inquedanza nos cidadáns e nos profesionais do Hospital e da area sanitaria.
Ismael Rego defendeu o Hospital da Costa como un Hospital Xeral tanto pola súa carteira de servizos e o cadro de persoal, conqueridos ao longos dos últimos anos como consecuencia das demandas da poboación, ao atoparse esta comarca alonxada de calquera outro centro hospitalario de referencia, o cal xustifica a singularidade deste centro con outros de Galicia.