NOTA DE PRENSA:
REGO AFIRMA QUE “OS ORZAMENTOS DO ESTADO PARA A MARIÑA DE LUGO DUPLICAN OS RECURSOS QUE CONTEMPLA A XUNTA PARA A COMARCA”
-O deputado socialista dixo que o PP “ fai unha lectura interesada dos orzamentos da Xunta para A Mariña, xa que chega a manipular ata multiplicar por 2 , as cifras que realmente conteñen”
– Lamenta “que o deputado do PP non se ocupara da implicación dos orzamentos para A Mariña nos 8 anos que gobernou o PP e Aznar na Moncloa, donde non se sacou adiante nin un só proxecto para a zona”
Santiago , 28 de outubro de 2009. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego lémbralle a Balseiro que os Presupuestos Generales Estado (PGE) contemplan para A Mariña de Lugo, o dobre dos recursos para o ano 2010, que os que contempla a Xunta de Galicia presidida por Feijoo.
Rego fixo esta afirmación para responder as criticas do deputado autonómico do Partido Popular, Jose Manuel Balseiro, sobre este asunto.
O deputado socialista subliñou que os orzamentos do Estado supoñen mais recursos para a Comarca, que os que inverteu o Señor Aznar nos 8 anos que Gobernou en España.
Ismael Rego explicou “que non serviría de nada incluír recursos para o tramo do corredor San Cibrao-Barreiros, por atoparse en fase de estudio de trazado, e sen ter aínda redactado o proxecto construtivo”. Algo que segundo sinala “ faría inviable a súa execución no ano 2010”.
Rego lamenta “que o deputado do PP non se ocupara da implicación dos orzamentos para A Mariña nos 8 anos que gobernou o PP e Aznar na Moncloa”. E insistiu “e donde non se sacou adiante nin un só proxecto para a zona”. E dixo “ata o punto de que tódolos tramos do Corredor Cantábrico, hoxe felizmente en servizo ou en fase de execución, realizáronse dende a chegada do PSOE e Zapatero ao Goberno de España”, espetou.
O deputado socialista aconsellou aos populares que “ è conveniente leer os PGE sen mentiras e manipulación”. E sinala que así o “Señor Balseiro podería ver os millóns de euros para os tramos da Autovía do Cantábrico na zona, os recursos adicados as infraestruturas e equipamentos en materia de Medio Ambiente (Costas, paseos marítimos), ou os inmobles como a Capitanía Marítima de Burela, entre outros”.
Por último dixo que o PP “ fai unha lectura interesada dos orzamentos da Xunta para A Mariña, xa que chega a manipular ata multiplicar por 2 , as cifras que realmente conteñen”.