Site icon Crónica3.com A Mariña

O programa Km0 da Deputación leva a un cento de persoas a “redescubrir a provincia” en helicóptero

LUGO .- Preto de cen persoas redescubrirán a provincia nunha viaxe en helicóptero, dentro do programa Km0 Xtreme da Deputación e 302 veciños da provincia participarán esta semana nas oito rutas organizadas do programa medioambiental Km0. A ruta “O Faro”, que transcorre pola localidade de San Cibrao, estréase por primeira vez na iniciativa que promove a Deputación

Nota de Prensa

Preto de 100 persoas redescubrirán a provincia nunha viaxe en helicóptero, dentro de Km0 Xtreme

– Máis de 300 veciños de distintas zonas da provincia participarán esta semana nas oito rutas organizadas do programa medioambiental Km0

– A ruta “O Faro”, que transcorre pola localidade de San Cibrao, estréase por primeira vez na iniciativa que promove a Deputación

Preto de 100 persoas redescubrirán esta semana a provincia a través dunha viaxe en helicóptero, dentro da modalidade Xtreme de Km0. Dende que o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou en setembro esta iniciativa, pioneira en España, outras 120 persoas máis participaron no programa. O Deputado da Rede Viaria Provincial, Juan José Díaz Valiño, recibiu este martes no Pazo de San Marcos, a dous grupos, un do Centro Cultural Ignacio Rey Stolle de Castro de Rei e a outro de 48 solicitantes individuais, dentro dentro do programa de visitas institucionais Km0 que promove a institución provincial.

En total, esta semana participarán 302 persoas que elexiron a Mariña e a Ribeira Sacra como destinos das súas rutas. Destas, 96 optarán pola modalidade Xtreme do programa medioambiental. Precisamente, hoxe, 24 persoas coñeceron a Mariña a tráves dunha viaxe en helicóptero, que partiu do aeródromo de Villaframil (Ribadeo) e sobrevoou a ría durante 15 minutos.

Asimesmo, integrantes do colectivo de Castro de Rei, desprazáronse ata o Concello de Viveiro, onde visitaron a lonxa de Celeiro, subiron ó Monte de San Roque e percorreron a praia de Covas. Polo que respecta ós outros 24 solicitantes individuais, o Concello de Ribadeo foi o destino elexido. Fixeron unha travesía fluvial pola ría de Ribadeo e visitaron o convento de Santa Clara, ademais do Centro de Cultivos Mariños e a oleiría de Bonxe.

O mércores realizarase a ruta “Lugo Centro”. Neste caso, o helicóptero despegará do aeródromo de Rozas e sobrevoará o casco histórico da capital luguesa. Nesta ocasión, participarán 48 persoas. Este mesmo día un grupo da Asociación Aulas da Terceira Idade de Lugo farán, por primeira vez, a ruta “O Faro”, que inclúe unha visita ó Castelo Mariño de San Cibrao, e ó Museo do Mar.

O xoves Km0 trasladarase á Ribeira Sacra. O helicóptero partirá de Tor, onde os 24 participantes desfrutarán das marabillosas vistas da zona sur da provincia. O xoves tamén, 24 solicitantes individuais farán un percorrido en catamarán por Amandi. Asimesmo, 48 alumnos do CEIP Antas de Ulla elixirán neste día a Mariña, onde farán unha travesía fluvial pola ría de Ribadeo. Tamén visitarán o Centro de Cultivos Mariños e o Mosteiro de Santa Clara.

Exit mobile version