NOTA DE PRENSA
O GMPP ve “anormal” a actuación da Burela Blues Band en Lourenzá o pasado domingo día catro.
Afirman que a Escola de Música está pechada e suspendida a súa actividade.
Os populares piden documentos que acrediten o cobro polo Concello de tal actuación.
O GMPP de Burela emitiu hoxe unha nota de prensa na que manifesta que considera cando menos “anormal” a actuación da Burela Blues Band o pasado domingo día catro en Lourenzá porque a Escola de Música está pechada e a Blues Band forma parte da Escola Municipal de Música, a Escola de Música está pechada, tén a súa actividade suspendida e o profesorado está sen contrato.
O GMPP desexa aclarar que en ningún caso se opón a actuacións das distintas ramas da Escola Municipal de Música sempre e cando se respecten as normativas legais establecidas.
Os populares consideran que esa actuación non tiña que terse celebrado e en todo caso o alcalde, como máxima autoridade municipal, deberá dar conta de por que autorizou a saída da Blues Band nesas circunstancias. Os populares non se aventuran a pensar que ocurriría se acontecese algún incidente ou accidente no que estivesen implicados algúns dos rapaces que foron a Lourenzá.
Tamén sería bon coñecer quen viaxou como responsable dos rapaces, porque a Escola está pechada temporalmente, e se está pechada está sen actividade. Ademais, os instrumentos da Burela Blues Band son maioritariamente de propiedade municipal, polo tanto non entendemos como se poden usar recursos públicos para unha actuación “anormal”.
Ademais, o GMPP solicitará copia da factura emitida polo Concello de Burela para cobrar tal actuación, ou documeto acreditativo do cobro da actuación, porque se a Burela Blues Band depende da Escola Municipal de Música, o Concello debe cobrar por tal actuación. Non se entendería que a Burela Blues Band fose tocar gratis a Lourenzá a non ser que haxa algún tipo de convenio de colaboración, convenio que a día de hoxe non existe.
Os populares conclúen que esta “anomalía” debe ser aclarada directamente polo alcalde, porque a concelleira de Educación, Lucía Bouza, non nos merece ningnha fiabilidade ó respecto, dado que ela non pode ser obxectiva, ó ter vinculacións familiares con persoal da Escola de Música tamén ligado á Burela Blues Band