NOTA DE PRENSA
O GMPP recurre as bases para a contratación de directores da Escola de Música e da Banda Municipal.
Afirman que Lucía Bouza tentou crear conflicto entre os pais da Escola .
Os populares pídenlle que demostre que non beneficiou a ninguén.
O GMPP de Burela emitiu hoxe unha nota de prensa na que manifesta que as últimas manifestacións de Lucía Bouza só tentan tapar con tinta de calamar a súa xa evidente “preocupación” para que o proceso de selección se amañase todo o posible para beneficiar a persoas que lle son afins: o único que fai é escribir enormes párrafos descalificando ó PP, pero non é capaz de demostrar que non beneficiou a ninguén. Os populares ratifícanse en todo o que levan manifestado nos últimos dias sobre a selección de persoal da Escola de Música, e reiteran que o alcalde mira para outro lado porque non tén nin personalidade nin autoridade moral para poñer orden nunha situación, a da Escola de Música, que ameaza, por culpa do propio alcalde e de Lucía Bouza, con poñer em perigo o bo funcionamento da Escola, que ainda que lle pese a Bouza foi creada polo PP e ela mesma beneficiada da existencia da Escola e da Banda hasta o mesmo día de hoxe.
Os populares entenden que en vez de crisparse polo que di o PP debería aclarar porqué o Director da Banda vai ter agora quince horas, catro máis co propio Director da Escola. Tamén debe aclarar porqué non se especifica nas bases de contratación, tal e como se fixo en 2007, o posto de profesor de saxo; aquel ano o posto era de profesor de saxo, que logo foi tamén director da Banda; este ano é só de director da Banda. Que fará durante o tempo que non dirixe a Banda?
Tampouco aclara porqué se beneficia o posto de director da Burela Blues Band cunha hora máis de contrato con respecto a 2007.
Por non aclarar, tampouco aclara porqué se lle reduce o horario ó profesor de clarinete en catro horas. Porqué se reduce o horario do Director da Escola nunha hora, ou porqué tén o profesor de piano dez horas.
Desde o PP pediremos os informes emanados do Claustro da Escola e da propia dirección da Escola nos que se recomenda que os horarios do profesorado sexan eses e cales son os criterios nos que se basean.
Tampouco aclara cantos aspirantes ós postos da Escola de Música tiñan ou teñen o título de Diplomado en Maxisterio por Música. A resposta é contundente, só un, que resulta ser o irmán de Lucía Bouza. Non entendemos porqué se escandaliza da verdade.
Ademais, os populares aseguran que son os propios pais e nais os que están preocupados co que está a pasar na escola, porque hasta parece evidente que a propia Lucía Bouza fomentou unha campaña de rechazo a determinada persona da Escola, que logo se volveu na súa contra, creando así un conflicto que non había entre os propios pais.
Por último, o Grupo Municipal do PP anuncia que hoxe mesmo presentou no rexistro do Concello un recurso de reposición contra a aprobación das bases de contratación do persoal da Escola de Música no que se refire ás prazas de Director da Escola e de Director da Banda, por entender que se incluén criterios que buscan beneficiar a certas persoas e polo tanto non respectan os princípios de igualdade de oportunidades. O PP considera que Lucía Bouza debe, polo seu propio interese, absterse de facer manifestacións públicas sobre estes temas xa que non é a persoa máis indicada.