Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP quere que a Deputación inste ó goberno central a que non suba os impostos

Nota de Prensa

O GPPP quere que a Deputación inste ó Goberno central a que dé  marcha atrás na súa intención de subir os impostos

Lugo, a 26 de outubro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular pretende que a Deputación inste ó Goberno á retirar “de xeito inmediato” a proxectada subida de impostos nos Orzamentos Xerais do Estado para 2010 por “inxusta e antisocial, dado que recaerá sobre todo nas clases medias e nos traballadores”.

Asimesmo, o GPPP plantexa, a través dunha moción que será tratada mañá no pleno, que dende a administración provincial se reclame ó Goberno que atenda as peticións da FEMP e acepte as modificacións propostas para os PXE de 2010, entre as que destaca a de manter todas as partidas e conceptos orzamentarios que sempre se destinaron ás Entidades Locais, sen recortes nin supresión algunha.

A moción dos populares inclúe tamén a petición de que se dé traslado destes acordos ó Presidente do Goberno, ó Presidente da Xunta e ós voceiros dos Grupos Parlamentarios no Parlamento de Galicia e nas Cortes Xerais.

Ademais, o GPPP solicitará mañá no pleno información sobre a fase na que se atopa o desbroce da rede viaria provincial, correspondente ó presente exercicio, naqueles concellos nos que non se asinou convenio de encomenda de xestión, así coma, no que se refire ós concellos que asumiron tales actuacións, cantos son os que xustificaron documentalmente a actividade e a cantos se lles abonou o importe correspondente.

Os populares tamén se interesarán polas previsións que se contemplan para levar a cabo actuacións de mellora e ampliación das instalacións do Museo do Mar de San Cibrao, cales as previsións económicas e cal é a temporalización que se prevé para elas.

Exit mobile version