Site icon Crónica3.com A Mariña

“O PP preocupase pouco pola promoción da riqueza natural do concello”, asegura o BNG de barreiros

Nota de Prensa

SASTISFEITOS NO BNG TRAS A APROBACIÓN POR UNANIMIDADE DA SÚA INICIATIVA PARA DEMANDAR A SINALIZACIÓN DAS PRAIAS DE BARREIROS NA AUTOVÍA. OS NACIONALISTAS DIN QUE O PP SE PREOCUPA POUCO POLA PROMOCIÓN DA RIQUEZA NATURAL DO CONCELLO.

Barreiros, 3 de outubro de 2009. Satisfacción no BNG de Barreiros despois de ser aprobada por unanimidade a súa iniciativa para que aparezcan sinalizadas as praias do concello na autovía A-8.

Antonio Veiga asegura que “no BNG de Barreiros felicitámonos porque a nosa iniciativa sobre a sinalización das praias da A-8 fose aprobada por unanimidade e tamén nos felicitamos porque o goberno local do PP fose receptivo a esta proposta que entendemos que é moi beneficiosa para o concello”.

Os nacionalistas entenden que “a promoción e a publicidade da nosa riqueza natural, que son eses 8 kilómetros de praias, é primordial. O que non sabemos é o que fai o goberno do PP aquí en Barreiros para promocionar esa riqueza paisaxística e esas praias. Esta iniciativa que nós presentamos puido ser tomada polo PP no momento en que se abriu o actual tramo de autovía, xa podía estar sinalizada si o PP quixera, pero parece ser que non se acordaron ata o de agora. Da a imprensión de que foron eles os autores da iniciativa, e non é por presumir de ideas porque aquí as temos todos, pero hai que levalas á práctica, hai que plasmalas nun papel”.

Veiga Outeiro agarda que “agora o Ministerio de Fomento sexa receptivo a esta demanda que tivo eco entre todos os veciños. Parece ser que antes ninguén se daba conta de que se pasaba de largo por Barreiros e de que se mencionaban outras praias, que nos merecen todos os respetos porque son areais veciños e son de gran calidade ao igual que todos as da Mariña, pero nós que somos o concello máis laurado botábamos de menos que o PP se preocupara máis pola promoción das nosas praias”.

Exit mobile version