Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP está contento co investimento de 2,8 millóns de euros para a estrada de Barreiros LU-122

NOTA DE PRENSA
A mellora desta vía que une Paraxes e Lourenzá foi adxudicada o pasado 5 de outubro pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas á empresa Obras e Construcciones Cortizo S.L.
O PPdeG APLAUDE O INVESTIMENTO DE 2,8 MILLÓNS DE EUROS NO REFORZO DO FIRME E ADAPTACIÓN DE BARREIRAS DA LU-122

* Balseiro salientou que o compromiso do novo Goberno galego é renovar a principal infraestrutura viaria, de competencia autonómica, que conecta a mariña luguesa coa cidade amurallada e na que durante os últimos meses advertiuse un incremento considerable do tráfico rodado, sobre todo de vehículos pesados

A Mariña lucense, 09 de outubro de 2009.- O PPdeG aplaude o investimento superior a 2,8 millóns de euros que a Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio ten previsto realizar para as obras de reforzo do firme e a adaptación de barreiras na estrada Lu-122. A mellora desta vía que une Paraxes e Lourenzá foi adxudicada polo departamento autonómico que dirixe o Agustín Hernández á empresa Obras e Construcciones Cortizo S.L. segundo informou o deputado popular Jose Manuel Balseiro. “É máis a devandita adxudicación apareceu publicada no DOGA do pasado 5 de outubro”.

A actuación proxectada afectará aos 18,7 quilómetros de vía que discorren polos municipios de Lourenzá, Mondoñedo, Riotorto e A Pastoriza, polo que se prevé beneficiar a máis de 12.000 habitantes. O obxectivo das obras é amañar o “mal estado” do actual firme, polo que se reporá o asfaltado cunha ou varias capas sobre a actual vía. Tamén procederase á instalación dos novos dispositivos de protección para os motociclistas, unha petición que o PPdeG reclamou no Parlamento a través de varias iniciativas impulsadas por un conxunto de deputados entre os que estaba o propio Balseiro. Se estima que as obras estean finalizadas no primeiro trimestre de 2010.

Balseiro salientou que o compromiso do novo Goberno galego é renovar a principal infraestrutura viaria de competencia autonómica que conecta a mariña luguesa coa cidade amurallada e na que durante os últimos meses advertiuse un incremento considerable do tráfico rodado, sobre todo de vehículos pesados.

Exit mobile version