Site icon Crónica3.com A Mariña

Detecta agora o PP que o anterior goberno da Xunta esqueceu a sanidade comarcal

NOTA DE PRENSA
A directora xeral de Asistencia Sanitaria ofreceu datos moi interesantes en resposta a unha iniciativa de Ismael Rego sobre o plan funcional do Hospital
SANIDADE CONFIRMA O ESQUECEMENTO DO GOBERNO BIPARTITO CON RESPECTO Á SANIDADE COMARCAL

* NIN UN SÓ EURO PARA O HOSPITAL: “O Plan funcional do Hospital da Costa no que respecta ás actuacións realizadas por parte do bipartito é, unha vez máis, papeis e presentación baleiras de contido. Non se preveu ningunha partida orzamentaria para desenvolver esta plan nos orzamentos do ano 2009. Polo tanto todo o compromiso orzamentario do bipartito cos cidadáns da Mariña lucense foi de cero euros ”

* 1.500 PACIENTES NA LISTA DE ESPERA OCULTA “A herdanza que máis nos preocupa e da que non quererán falar e que deixaron –referíndose ao bipartito- máis de 1.500 citas, máis de 1.500 pacientes que non estaban rexistradas”

* ACHEGAR A SANIDADE AOS PACIENTES “Todo o que poidamos facer no Hospital da Burela non o levaremos lonxe. O noso compromiso é acercala prestación sanitaria aos pacientes. Non levala lonxe. Queremos mellorar os tempos de resposta e satisfacer as necesidades de atención e saúde das xentes”

A Mariña lucense, 02 de outubro de 2009.- Máis de 1.500 persoas engrosan a listas de espera encuberta do Hospital da Costa. Así o confirmou no día de hoxe no seo da Comisión 5ª do Parlamento de Galicia Nieves Domínguez González, directora de Asistencia Sanitaria da Xunta en resposta a unha iniciativa do deputado socialista Isamel Rego. A alto cargo da Consellería de Sanidade confirmou as sospeitas do Partido Popular e puxo de relevo que a herdanza do bipartito son máis 1.500 pacientes cuxas citas non estaban rexistradas e, polo tanto, que permanecían invisibles ás estatísticas oficiais. Nos vindeiros días farase pública a auditoría dando conta destes estremos.

Este non foi o único dato ofrecido pola representante de Sanidade con ocasión da súa comparecencia no Parlamento xa que tamén explicou que o Plan Funcional do Hospital da Costa que o bipartito elaborou no último trimestre do 2008 eran simples “papei se presentacións baleiras de contido” Xa que logo “Non se preveu ningunha partida orzamentaria para desenvolver esta plan nos orzamentos do ano 2009. Polo tanto todo o compromiso orzamentario do bipartito cos cidadáns da Mariña lucense foi de cero euros”

Finalmente e ante a insistencia do deputado socialista, pese a non ser obxecto de pregunta na súa iniciativa, para que clarexara as intencións do novo Goberno de Galicia respecto da estruturación do mapa sanitario na comarca, a directora xeral confirmou que a Xunta traballa para que “todo o que poidamos facer no Hospital da Burela non o levaremos lonxe, e todo o que podamos facer nos centros de saúde como o de Burela non o levemos ao Hospital para evitar saturalo. O noso compromiso é acercala prestación sanitaria aos pacientes. Non levala lonxe. Queremos mellorar os tempos de resposta e satisfacer as necesidades de atención e saúde das xentes”

Tamén subliñouse no seo da Cámara galega os esforzos que o novo Executivo autonómico está a efectuar no Hospital coa habilitación de consultas de alta resolución en horario extraordinario (tardes) para a especialidade de cardioloxía, pola elevada saturación que presentaba este servizo, así como tamén os investimentos por importe superior a un millón de euros que servirán para a reforma da área de obstetricia e os paritorios e para a substitución da cuberta do Hospital danada con ocasións dos temporais do pasado inverno, e non reparada convenientemente no seu día.

En opinión do PPdeG grazas a esta comparecencia confirmouse o esquecemento do Goberno bipartito con respecto á sanidade comarcal, o que contrasta cos

Exit mobile version