NOTA DE PRENSA:
O Grupo Municipal do Partido Popular de Foz, presentou por rexistro en data 16 do presente mes, unha moción para que o Pleno do Concello tome o acordo de solicitar a Conselleria de Medio Rural da Xunta de Galicia a realización do acondicionado da área recreativa do Bispo Santo.
Esta obra xá se solicitara pola Asociación Civico Cultaral Obispo Santo por mediación de AGADER en data 25 de setembro do 2008, pero non se chegou a empezar, a pesar de ser comprometida polo bipartito que gobernaba na queles intres.
Este grupo entende que seria unha obra de interes para todos os focenses,
dado o uso que a citada área ten o longo de todo o ano, ademais de ser un lugar emblemático do noso Concello, e donde se celebra unha romaria que se pretende sexa declarada de interés Turistico.
Este mesmo grupo, presentou unha solicitude, para que o Sr. Alcalde nos informe dos lugares donde se van a levar a cabo as obras que se financiaran cos importes de melloras en obras que fixeron as empresas que executan o Plan E. , no momento da sua adxudicación.