Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela satisfeito coas decisións de Portos de Galicia

NOTA DE PRENSA
González Barcia, satisfeito coa reunión de onte en Portos de Galicia.

Considera que queda garantido o compromiso con Burela.

Barcia asegura que o PP burelés seguirá traballando polo concello.

O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, puxo de manifesto hoxe a través dunha nota de prensa a satisfacción dos populares de Burela coa reunión mantida onte en Portos de Galicia entre o presidente do ente, José Manuel Alvarez Campagna, e representantes de ABSA e da Confraría, á que asistiu González Barcia.

Barcia considera que se confirma a aposta de Portos de Galicia por Burela, ainda nunha situación de crise económica. Así, o anuncio de inclusión das obras do vial de comunicación do Berbés a ABSA é importante, para facilitar o tráfico portuario. A este respecto, Barcia confia en que as contías que se reflexen no presuposto servan para comenzar as obras xa no vindeiro ano 2010. Esta obra, indicou Barcia, está contemplada no Plano Director do Porto de Burela redactado a finais de 2004 e princípios de 2005 entre a Xunta do PP e o sector portuario burelés, coa colaboración do Concello. Precisamente este Plano Director podería ser revisado en función das conclusións que se saquen do estudio de aproveitameno da lámina de auga que se vai realizar por parte de Portos coas aportacións do sector.

O portavoz popular tamén considera destacable a baixada da taxa X-4, de outras taxas e canons por concesións, que afectarán positivamente, cando se confirmen, tanto a ABSA coma a Confraría. Ademais, esta revisión á baixa das taxas e canon por concesións deberían influir favorablemente para o desenvolvemento de actividade na superfície industrial de corenta mil metros cadrados que existe no Berbés.

González Barcia lembrou que este asunto de rebaixa das taxas e dos prezos das concesións son importantes na época de crise na que estamos. De feito, Barcia manifestou que algunha revisión de cálculo, que non rebaixa, xa se viña debatindo no Consello de Administración de Portos, do que el formou parte, durante a Xunta bipartita, que non foi capaz de sacar adiante tales revisións.

Ademais, Barcia considera mui interesantes as propias palabras do presidente de Portos durante a reunión de onte, de falar co sector e manter contacto co mesmo para adoptar decisións que beneficien a actividade portuaria.

Finalmente, o portavoz dos populares afirmou que o PP, ainda que na oposición municipal, pero con afinidad política co partido do Presidente da Xunta Núñez Feijoo, seguirá a traballar por mellorar as condicións de vida de todos e cada dos cidadáns de Burela, porque eso é o que nos demandan os cidadáns, e cada vez son máis os que nos recoñecen o traballo que estamos a facer.

Exit mobile version