NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que os postos de traballo que anuncia o alcalde están financiados pola Xunta.
Os populares pídenlle que non minta e diga a verdade.
O PP recurre as bases para a contratación dun posto do GRUMIR.
O GMPP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que os once postos de traballo que se van cubrir, anunciados antonte polo alcalde, están financiados ó cento por cento pola Xunta, o que demostra que a Xunta de Núñez Feijoo non discrimina a ninguén, e que, en contra do que afirma o alcalde nos plenos, a Xunta está apostando por colaborar cos concellos e crear emprego, porque a Xunta está actuando con responsabilidade.
Os populares consideran que o alcalde, unha vez máis, e van moitas, enganou ós cidadáns, porque a nota feita pública polo alcalde está escondendo que quen aporta os cartos para tal contratación é a Xunta, e non o Concello. O que debería facer é decir a verdade enteira, e non ocultar nada. Os cidadáns xa están cansos de que este home oculte, engane e minta. Peor ainda ca vagancia é a mentira e o engano.
Para os populares, o alcalde está entrando nunha espiral de confrontación coa Xunta, con declaracións subidas de tono totalmente fóra de lugar, que en nada benefician as boas relacións que deberían existi entre administracións.
O PP afirma que a Xunta tamén subvenciona a contratación dun total de cinco traballadores, a través do Plano de Cooperación, para a Confraría de Pescadores, a Fundación Camiña, e a Fundación de Discapacitados.
Por outra banda, os populares presentaron o pasado mércores un recurso no concello contra a aprobación das bases de selección de persoal para cubrir un posto de traballo no GRUMIR. Os populares consideran que o sistema de cobertura debería recoñecer a formación específica; consideran tamén que a proba práctica non está definida, e tanto pode ser escalar un edificio coma manexar un extintor, o que implica unha clara subxectividade. Ademais, os probas físicas que se piden son máis propias de deportistas ca de persoais normais. Estas e outras cuestións son as que levan ó PP a pensar en que baixo unha apariencia de legalidade se pretende “enchufar” a alguén, porque unhas bases aprobadas en Xuño para cubrir postos similares eran radicalmente distintas, e máis sensatas, cas que o PP está a recurrir.
Por último, os populares non se sorprenden que os socialistas se ofendan cando se lles fala de postos de traballo no concello e da súa política de persoal: o que se pica, allos come.