NOTA DE PRENSA
O GMPP, satisfeito coa contundecia da Conselleira de Sanidade.
Os populares aseguran que BNG e PSOE minten.
O PP afirma que a Xunta bipartita non fixo nada pola sanidade pública.
O GMPP de Burela manifestou hoxe a través dunha nota de prensa a súa satisfacción pola contundencia amosada onte pola Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, á hora de desmentir os bulos interesados sobre posibles modificacións das áreas sanitarias.
Para os populares de Burela sempre estivo claro que a área sanitaia da Mariña se ía manter, e que non habería merma de servicios no hospital nin traslados de enfermos do hospital. Os populares consideran absolutamente manipuladora a propaganda que está empregando o BNG, e consideran que a estas alturas o BNG xa non engana a ninguén, porque quedaron en evidencia tentando incluir á Mariña na área sanitaria de Ferrol.
Ademais, os populares bureleses ven nas palabras do propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o pasado sábado na Mariña, a verificación de que todo esto que se está a montar é unha manobra política de desgaste e manipulación da boa fé das persoas.
O PP de Burela considera que o alcalde e Nieves Cando deben actuar co suma precaución a partires de agora. Resulta patético, din os populares, que se fale desde o bigoberno municipal de cousas que non se preocuparon, nin pouco nin moito, de contrastar coa propia Consellería, e que por riba, en horário de traballo pagado por todos os cidadáns de Burela, se faiga política partidista e de acoso e derribo da Xunta de Galicia sen motivo real ningún. Se ese tempo o investisen em falar coa consellería e trasladar información fiable, estarían cumplindo co seu labor, pero así o único que nos queda é decir publicamente que PSOE e BNG están usando o concello como plataforma partidista e manipulando ós cidadáns. Evidentemente, moitos cidadáns cren na palabra da Xunta, e danse conta de que nin o alcalde nin a alcaldesa son de fiar, senon máis bem o contrario.
Ademais, compre lembrar que o bipartito PSOE-BNG na Xunta non fixo nada pola Sanidade Pública na Mariña. O único investimento real no hospital, as obras de xinecoloxía, houbo que paralas porque eran un auténtico desastre; a adquisición do TAC quedara programado pola anterior Xunta do PP ainda que eso sí gardaron nun caixón cáseque duas mil peticións de consulta para non engordar as listas de espera.