NOTA DE PRENSA
O GMPP considera que o concello non actuou correctamente na accidente do Perdouro do pasado día vintesete.
Os populares cren que se descartou axuda externa inmediata.
O PP considera insuficiente o operativo que puxo en marcha o concello.
O GMPP de Burela puxo de manifesto hoxe a través dunha nota de prensa as súas dúbidas sobre o comportamento do Concello de Burela en relación co rescate dunha muller na zona do acantilado de O Perdouro o pasado domingo día vintesete de Setembro, xa que entenden que os medios que se puñeron en marcha non foron os suficientes e mesmo se descartou a posibilidade de axuda externa.
Os populares fan estas declaracións logo de que xa pasase o tempo suficiente para facer unha reflexión serena sobre o que pasou, especialmente sen que se produza unha especial incidencia na persoa que sufreu o accidente e o seu entorno.
Os populares consideran que o número de efectivos que o concello dispuxo na zona do sinistro foron claramente insuficientes en número e en recursos. Só dúas persoas do GRUMIR, que chegaron despois de que xa estivera alí a Guardia Civil, e que ademais o fixeron sin os medios suficientes, demostran unha clara irresponsabilidade do alcalde, máxima autoridade en materia de Protección Civil dentro do ámbito territorial do Concello de Burela.
Por eso, O PP considera que o tempo de reacción ante o sinistro foi excesivamente prolongado, cando o rescate se podía facer por terra, ben a través do propio sendeiro do acantilado, ben a través do bolar do acantilado, xa que estaba a marea baixa, ou ben por mar a través dunha zodiac, xa que o concello conta cunha camilla de inmovilización e cunha zodiac apta para eses traballos.
Polo tanto, o PP formulará unha pregunta na vindeira sesión plenaria que celebre o pleno da corporación burelesa para coñecer cal foi o grao de compromiso do concello no rescate desta persoa. Non nos vale que o alcalde diga que estivo alí, que foi ver ó hospital á accidentada e demais, porque todo eso é autobombo e autopropaganda. Queremos saber que medios usou o concello e como os usou, quen estaba ó frente do operativo, e que decisións se adoptaron, porque o Concello de Burela tén medios para abordar este rescate.