Site icon Crónica3.com A Mariña

O Parlamento aproba unha iniciativa do PP para que a Xunta manteña a área sanitaria da Mariña

NOTA DE PRENSA
Socialistas e nacionalistas sumánse tamén a proposta popular e votaron favorablemente a esta iniciativa promovida por Jose Manuel Balseiro Orol
O PARLAMENTO DE GALICIA INSTA Á XUNTA, A INICIATIVA DO PP, AO MANTEMENTO DA ÁREA SANITARIA DA MARIÑA E AO REFORZO DO CATÁLOGO DE SERVIZOS DO HOSPITAL DA COSTA

* “Foi o PP quen, unha vez máis, para eliminar calquera espazo de suspicacia ou dúbida, aclara ante os veciños cal é a folla de ruta do Executivo de Feijoo respecto do noso sistema sanitario: melloralo, potencialo, evitar que, como pretendía o bipartito, a área sanitaria lucense fora xestionada desde Ferrol”

* Os veciños da Mariña poden estar tranquilos porque o PPdeG traballará para mellorar a sanidade, con transparencia e honestidade, algo que os diferencia da xestión do bipartito.

A Mariña lucense, 23 de outubro de 2009.- O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia, a iniciativa do Grupo Parlamentario Popular, a garantir o mantemento da área sanitaria do Norte Lucense, así como ao reforzo do catálogo de servizos que se ofrecen no Hospital da Costa. O deputado Jose Manuel Balseiro Orol, autor desta iniciativa, sacou adiante a súa proposta, que contou tamén co respaldo dos grupos políticos da oposición. Acadouse deste xeito, un acordo unánime do conxunto das forzas parlamentarias que vén a certificar dun xeito expreso a aposta pola continuidade do actual mapa sanitario na nosa comarca e pola mellora dos servizos que se prestan no centro hospitalario de Burela.

ACORDO PROMOVIDO POLO PP

Desde o Partido Popular salientan a importancia de que sexa esta formación política e non outras, a que promova este acordo parlamentario e, polo tanto, a que posibilite que se asuma por escrito, con total formalidade e solemnidade, un mandato expreso para a acción do Goberno da Xunta. “Foi o PP quen, unha vez máis, para eliminar calquera espazo de suspicacia ou dúbida, aclara ante os veciños cal é a folla de ruta do Executivo de Feijoo respecto do noso sistema sanitario: melloralo, potencialo, evitar que, como pretendía o bipartito, a área sanitaria lucense fora xestionada desde Ferrol”

PSOE E BNG: 4.297 PACIENTES NA LISTA DE ESPERA OCULTA

Balseiro Orol foi moi contundente nas súas quendas de palabra censurando aposición de PSOE e BNG nesta asunto. “Pretenderon enganar aos veciños da Mariña, xerar unha polémica distinta para ocultar unha sangrante realidade: Que o bipartito deteriorou ata límites insospeitables o funcionamento do sistema sanitario comarcal. Agochando nos caixóns a 4.297 pacientes que non aparecían nas listas de espera oficiais, que non estaban citados para acceder á consulta do especialista, aos que se lles estaba a negar a súa asistencia sanitaria”.

Balseiro tamén salientou que desde o PSOE se recoñeza que o Hospital da Costa é o mellor centro hospitalario de ámbito de influencia comarcal pois, desminte aos dirixentes do PSOE na Mariña que insisten en cualificalo como ambulatorio. “En todo caso, o que agora están a facer na Xunta é corrixir a herdanza que eles deixaron”. Tamén puxo de relevo, o deputado popular, en resposta aos nacionalistas, a opinión do alcalde de Mondoñedo, destacado dirixente do BNG, quen malia que despois intentou matizar as súas palabras, é favorable ao copago, isto é, a que os veciños e usuarios do sistema público de saúde teñan que pagar cando acudan ao médico. Por iso reclamou, unha vez máis que “desmintan a este alcalde, e deixen claro cal é a posición do BNG”

TRANQUILIDADE, SEGURIDADE, CONFIANZA

“Os veciños da Mariña poden estar tranquilos porque o PPdeG traballará para mellorar a sanidade, con transparencia e honestidade, algo que os diferencia da xestión do bipartito”. –concluíu Balseiro valorando o acordo acadado na Comisión de Sanidade da Cámara galega. “Ademais estou seguro que todos os veciños saben que poden confiar nas palabras do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e da propia conselleira de Sanidade nos días pasados, en sede parlamentaria”. Ambos confirmaron a vontade do Goberno galego polo mantemento da área sanitaria e polo necesario reforzo da capacidade técnica, cadro de persoal e especialidades do Hospital da Costa

Exit mobile version