O venres, día 23, a partir das oito e media da tarde, terá lugar no pub Panadeiras de San Cibrao, Cervo, a quinta charla-café “Falemos de… Xénero e idioma. Queremos galego. Queremos igualdade”. Participarán as expertas en normalización lingüística e lingüística feminista Goretti Sanmartín, da Univerisdade da Coruña, e Olga Castro da Universidade de Vigo. A elección desta temática enmárcase no grande debate sobre os dereitos lingüísticos que está a haber nos últimos meses.