O domingo día 25 de outubro os veciños e veciñas de Barreiros teñen unha nova cita teatral. O grupo Raiolas de Alfoz representará a obra A lotería. Humor e crítica nunha visión cómica sobre a vida. Será ás 18 horas no centro social de San Cosme. O acto está organizado pola Concellalía de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil de Barreiros e conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta.