Site icon Crónica3.com A Mariña

O júnior feminino C.B. Burela-Celtas pode clasificarse para a liga galega da FGB

BURELA .- Nas dúas próximas fins de semana, entre o 18 e o 25 de outubro, o equipo júnior femenino C.B. Burela – Celtas ten a oportunidade de clasificarse para disputar a liga galega da FGB.

Na presente temporada chegamos a un acordo de colaboración co Celtas de Foz polo cal as xogadoras júnior dos dous clubes formarían un só equipo, co cal melloramos en calidade no cadro de xogadoras ao mesmo tempo que suplimos a escaseza de xogadoras que nesta etapa tenden a abandonar a practica deportiva.

Este domingo 18 de outubro recibiremos en Vista Alegre a visita do CB Casás de Lugo como partido de volta da eliminatoria que nos clasificaría como campión júnior de Lugo. Tendo en conta que xa ganamos no partido disputado en Lugo por 34 -53, parece que a eliminatoria está ao alcance da man.

No caso de superar esta eliminatoria temos a oportunidade de disputar os días 24 e 25 de outubro unha eliminatoria,a dobre volta, cun equipo galego de outra das zonas de Galicia. De conseguir superar esta nova eliminatoria sería a primeira vez que un equipo feminino do noso clube, aínda que neste caso en unión co Celtas de Foz disputara a fase final da Liga Galega.

Esta Liga galega na categoría júnior feminina tería lugar nun único grupo de 10 equipos xogando todos contra todos e permitiría que os mellores equipos júnior de Galicia pasasen polo pavillón Vista Alegre onde se desenrolarán os partidos segundo o acordo suscrito cos Celtas. Tendo así a oportunidade os bureleses de ver un baloncesto de certa caegoría onde militan moitas das xogadoras que están, nalgúns casos, a un pasiño de militar nos equipos punteiros de Galicia.

Exit mobile version