XOVE .- O Concello de Xove celebra a decimo sétima edición da “Comida da terceira idade” o día 30 de outubro. Será no restaurante Louzao de Area e estará animada por unha orquestra para rematar a xornada. O prazo para inscribirse está aberto ata as o luns, día 26 de outubro.
NOTA DE PRENSA
XVIIª EDICIÓN DA COMIDA DA 3ª IDADE EN XOVE
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, acaba de por en marcha a XVIIª EDICIÓN DA COMIDA DA 3ª IDADE, a cal vai ter lugar o venres 30 de outubro.
Para participar neste tradicional xantar, hai que inscribirse no Departamento Municipal de Servizos Sociais, debendo cumprir os seguintes requisitos:
-Ser maior de 60 anos xubilado.
-Estar empadroado no Concello de Xove.
-Os/as acompañantes que non esteñan empadroados no Concello, deberán aboar o importe total da comida.
O prazo para inscribirse estará aberto ata as 19:30 horas do luns 26 de outubro.
O Programa, básicamente, vai ser o seguinte:
-12:30 horas.- Misa no solemne no Salón de Actos do Centro Cívico.
-14:00 horas.- Xantar no Restaurante Louzao de Area.
-Baile cunha orquestra para rematar a Xornada.
O Concello, como en anos anteriores, vai por autobuses por tódalas parroquias para transportar ás persoas que acudan á Comida e non desexen levar o seu coche.