Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo celebra o Samain cun baile e un espectáculo de maxia


A Concellería de Cultura, a través da Oficina de Información Xuvenil, organiza por vez primeira un programa de actos durante este fin de semana para conmemorar a celebración do Samain.  O sábado, 31 de outubro, terá lugar un baile infantil e xuvenil de disfraces a partires das seis da tarde na discoteca Pasos de San Ciprián. Os rapaces e rapazas que asistan recibirán agasallos e premiarase ao que leve a cabaza decorada máis orixinal e tamén ao mellor disfrace. O domingo, primeiro de novembro, a Casa da Cultura acollerá unha actuación de maxia e ilusionismo a cargo do Mago Pablo.

Exit mobile version