Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela repartirá packs reutilizables para concienciar sobre a reciclaxe do lixo

BURELA (FNC).- As Delegacións de Obras e Servizos, e de Educación e Medio Ambiente do Concello de Burela iniciarán na primeira semana de novembro unha nova campaña de concienciación sobre a reciclaxe do lixo. Segundo explica Pascual Doménech “esta iniciativa é a continuación da iniciada a principios de ano, co envío domiciliario de folletos informativos, nos que se relataba ademáis dos beneficios medioambientais que supón reciclar, o tipo de colectores existentes e cómo e qué tipo de desperdicios tiña que ir en cada un deles”.

O edil de Obras suliña que “esta nova campaña fará fincapé na separación en orixe dos residuos e tentará deixar claro que a reciclaxe é unha cadea, que comenza por cada un de nós, para continuar coa labor do Concello e da empresa concesionaria da recollida de lixo. Servirá para recordar que separar o lixo axuda a preservar o medioambiente, aforrar enerxías e materias primas, e garantir unha mellora na calidade de vida de todos os bureleses”.

Doménech engade que “con esta filosofía de fondo, repartiranse para cada domicilio un pack reutilizable que inclúe tres bolsas para envases de plástico, para vidro e para cartón, totalmente lavables e unidas con velcro, o que facilitará a separación e o seu transporte ao punto de vertido máis próximo ao domicilio. A capacidade de almacenamento deste pack será dunha semana para familias de dous a catro membros e facilitará a separación doméstica de residuos e co diseño atractivo que presenta, queda máis integrado na estética da cociña actual. Desta maneira, esperase non perder efectividade xa que a persoa que o reciba estará moito máis disposta a colocalo e utilizalo”.

Plan de cooperación

O concelleiro socialista ven de anunciar que “dentro de Plan de Cooperación coas Comunidades Veciñais para a realización de obras nos concellos, a Diputación de Lugo ven de aprobar o libramento de pago da subvención de acondicionamento do camiño Río Masma por importe de 2.625 €, e do acondicionamento do camiño dos Matos, por un importe de 12.000 €, financiando o Concello o importe da emisión do certificado final de obra”.

Exit mobile version