Site icon Crónica3.com A Mariña

O camposanto de Cervo disporá de novos puntos de luz coincidindo coa festividade dos defuntos

CERVO .- O camposanto parroquial de Cervo lucirá os novos puntos de luz “o vindeiro sábado, día 31, coincidindo coa festividade dos defuntos” segundo indicou a concelleira de Patrimonio Cultural e Paisaxístico do Concello de Cervo, Yolanda Pedreira. A colocación de novas farolas que mellorarán a iluminación existente ata o momento, ao tempo que aforrarán enerxía eléctrica.

Nota de Prensa

O CEMITERIO PARROQUIAL DE CERVO ESTREA NOVA ILUMINACIÓN

* O proxecto inclúe a  reposición do vello tendido eléctrico por un novo e a colocación de novas farolas que mellorarán a iluminación existente ata o momento, ao tempo que aforrarán enerxía eléctrica

* Esta actuación tivo un custe superior aos 12.000 euros e foi sufragado polo Concello de Cervo con fondos municipais

Cervo, 26 de outubro de 2009.- Operarios municipais están a ultimar os traballos da remodelación e mellora do alumeado público do cemiterio parroquial de Cervo. Segundo indicou a concelleira de Patrimonio Cultural e Paisaxístico do Concello de Cervo, Yolanda Pedreira, os novos puntos de luz do camposanto entrarán en funcionamento o vindeiro sábado, día 31, coincidindo coa festividade dos defuntos.

A obra deu comezo hai un mes e correu a cargo da brigada de Obras e Servizos do Concello de Cervo. Consistiu na substitución do vello tendido eléctrico por unha nova liña de subministro eléctrico soterrada. Colocáronse tamén seis novas farolas, as cales, ademais de mellorar a iluminación do cemiterio e o seu contorno tamén aforrarán enerxía eléctrico, posto que van provistas con luminarias de baixo consumo e cun sistema de encendido automático. Esta actuación tivo un custe superior aos 12.000 euros e foi sufragado polo Concello de Cervo con fondos municipais.

Yolanda Pedreira indicou que esta actuación “aínda que pequena”, era unha obra moi necesaria “xa que foi moi demandada polos veciños de Cervo e polos membros do consello parroquial”. Salientou así mesmo o soterramento da liña de subministro eléctrico, “o cal permite eliminar as barreiras visuais que supoñen os postes e cables, ao tempo que contribúe a por en valor un dos moitos lugares de interese cultural e relixioso dos que dispoñemos no noso concello”.

Pedreira sinalou que o equipo Goberno local ten previsto continuar este tipo de melloras noutras zonas senlleiras do termo municipal de cara a por en valor o patrimonio cultural cervense, “o cal non ten porque estar reñido coa mellora de servizos aos veciños” asegurou.

Exit mobile version