Site icon Crónica3.com A Mariña

O bonito do norte en marmitako será o protagonista do programa Os Larpeiros da TvG

BURELA (FNC). O bonito do norte en marmitako será o protagonista mañá xoves 22 de outubro a partires das 21.30 horas do programa Os larpeiros da TVG, segundo informa a Delegación de Industria, Comercio e Turismo de Burela.

O edil José González Legazpi lembra que “a mediados do pasado mes de xullo o equipo do programa Os larpeiros da TVG, realizou unha gravación en distintos lugares de Burela, e de forma especial no barco museo Reina del Carmen. Alí fixeron unha recreación na que se pon de manifesto non só a preparación gastronómica do bonito de Burela, senón tamén cómo se desenvolven as tarefas para a captura do bonito, os medios que se empregan e o modo de vida a bordo”.

O concelleiro de Turismo sinala que “será por tanto, a emisión deste programa na TVG adicado a Burela e ao bonito do norte, un importante recoñecemento  a canto representa esta especie dentro da nosa historia, ao esforzo colectivo de moitas persoas que fan posible as súas capturas xunto coa eficaz divulgación da súa excelente calidade, así como ás políticas activas que se desenvolven dende a Delegación de Industria, Comercio e Turismo do Concello na busca de medidas de afianzamento e desenvolvemento dos nosos recursos”.

Exit mobile version