Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG presenta emendas para mellorar os orzamentos do Estado na Mariña por 5,7 millóns de euros

NOTA DE PRENSA
O BNG da Mariña presenta emendas para mellorar os orzamentos do Estado por 5,7 millóns de euros

Os nacionalistas focalizan as súas demandas na mellora das infraestructuras e na necesidade de solucións para as persoas afectadas pola perda de emprego

Coa inclusión de emendas de caracter local a mellora nos investimentos públicos do Estado para A Mariña chega aos 11,5 millóns de euros

O portavoz comarcal do BNG, Antonio Veiga, fixo públicas as emendas que a organización nacionalista presentou aos Orzamentos do Estado para o ano 2010 que reflicten a súa preocupación polo abandono que os diferentes gobernos do Estado teñen con esta comarca en materia de infraestructuras sumindo. Antonio Veiga argumentou a presentación destas emendas nos continuos incumprimentos do goberno estatal en relación á autovía de conexión entre Barreiros e San Cibrao que contempla unha consignación ridícula que en ningún caso permitirá o cumprimento dos diferentes acordos establecidos para a execución deste vial, o BNG quere impulsar a redacción do proxecto constructivo do tramo de 30 quilómetros entre Barreiros e San Cibrao para o que presenta unha emenda de mellora de 600.000 euros.

Por outra banda, os nacionalistas reclaman 600.000 euros para a redacción do Proxecto constructivo de adecuación do dique norte de ALCOA para a súa apertura ao tráfico comercial, Veiga sinalou que “o goberno do Estado incumpre e o PP dende a Xunta dedícase a confundir, e evidente que nin uns nin outros fixeron nunca nada cando tiveron ocasión de facelo”. Veiga lembrou que o 25 de setembro de 2008 o Congreso do Deputados aprobaba por unanimidade o inicio dos trámites para a liberación do dique norte de Alcoa para o tráfico comercial, dándose un prazo de tres meses para iniciar as negociación coa multinacional para a súa liberación, “algo que non se cumpriu como recoñeceu o propio Ministerio de Fomento en xuño de 2009”.

Veiga tamén chamou a atención sobre as infraestructuras ferroviarias, para o cal se piden 1.500.000 euros para un Plan de mellora da vía férrea de FEVE e Plano de reubicación de apeadeiros a fin de achegalos aos núcleos de poboación de acordo coas necesidades reais existentes, o portavoz nacionalista sinalou que “non é o momento de pedir imposíbeis, mais si a mellora do que temos”

A preocupación polo emprego está directamente ligada ao investimento público en infraestructuras mais deben concretarse outras medidas de fomento do emprego

Antonio Veiga tamén chamou a atención sobre as necesidade de políticas activas de emprego para a comarca, “a parálise inversora en infraestruturas tanto por parte da Xunta como do Estado frea a capacidade de criación de postos de traballo na comarca” , e por isto que o portavoz nacionalista reclamou medidas tendentes á xeración de emprego na comarca ligadas aos sectores mais golpeados pola crise económica como son os relacionados coa construcción e o metal, neste sentido concretou a presentación dunha emenda que partindo da dependencia desta comarca da factoria de ALCOA, onde nas súas contratas foise perdendo moita man de obra nos últimos meses, a perda de emprego debe contrarrestarse mediante políticas de inserción laboral dirixidas aos traballadores ligados a este sector mediante un Plano de inserción laboral dirixido a desempregados da construcción e do metal cun investimento de 3.000.000 de euros.

Ás emendas de caracter comarcal súmanse outras de iniciativa local que suman 5.8 millóns de euros.

Así mesmo, o portavoz nacionalista, sinalou que as organizacións local do BNG presentaron emendas aos orzamentos do Estado que suman 5.8 millóns de euros, na maioría dos casos para actuacións relativas a infraestructuras viarias, actuacións medio ambientais e turísticas ou deportivas

Exit mobile version