Nota de prensa
Blanco considera que o Xerente do Hospital pretende amedrentar aos traballadores do Hospital
O BNG solicita a comparecencia da Conselleira de Sanidade para explicar a actitude do Xerente do Hospital da Costa
O Bloque Nacionalista Galego rexistrou na mañá de hoxe unha iniciativa a fin de aclarar as razóns que levaron ao xerente do Hospital a negar o salón de actos aos traballadores para a constitución da Plataforma en Defensa da Sanidade da Mariña.
Os nacionalistas afirman que o Hospital pretende amedrentar aos traballadores e meter medo ás xentes na súa loita pola defensa da sanidade da Comarca.”Volven as listas negras e prácticas do fraguismo” afirmou Blanco quen urxiu a que a Conselleira explique á actitude do xerente do Hospital.
Texto da Iniciativa:
A xerencia do Hospital da Costa determinou negar o Mércores 7 uso do Salón de Actos do Hospital da Costa á xunta de persoal do centro para unha xuntanza convocada pola mesma na que se pretendía constituír unha Plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña de Lugo.
Un día antes en anuncio aos medios de comunicación da Mariña, o Xerente do Hospital, anunciou o inicio dunha investigación interna coa que pretendía aclarar a utilización duns sobres con papel timbrado do SERGAS para a convocatoria do Mércores 7.
O Bloque Nacionalista Galego considera que non son estas as funcións encomendadas a Xerencia dun Hospital, pola contra, a súa función central debe ser garantir o bo funcionamento dos servizos sanitarios. É máis na opinión do noso grupo estas dúas decisións esta decisión responden a unha intención por parte da Xerencia do Hospital de amedrentar aos traballadores do centro e poñer trabas a defensa da sanidade pública.
Cales son os motivos polos que o Xerente do Hospital denegou o uso do salón de actos a Xunta de Persoal do Hospital da Costa?.
A motivación da xerencia do Hospital axustase as funcións que a orde do 14 de Xuño de 2009 lle confire?.
Apoia a Consellaría de Sanidade esta decisión do Xerente de Hospital ou pola contra foi unha decisión persoal do mesmo?.
Defende a Consellaría de Sanidade que se inicie a apertura dunha investigación interna sobre a utilización de sobres con papel timbrado do Sergas?.
Non considera a Consellaría que a Xerencia extralimitase nas súas funcións?.
Non ve na actitude do Xerente un intento de amedrentar aos traballadores?