NOTA DE PRENSA (FNC)
O BNG REQUIRE UNHA COPIA DO CONVENIO DAS VIVENDAS DE AMPARO MUNICIPAL. OS NACIONALISTAS ACUSAN AO ALCALDE DE MANIPULACIÓN E TERXIVERSACIÓN.
Barreiros, 28 de outubro de 2009. O BNG de Barreiros require unha copia do convenio das vivendas de amparo municipal, asinado hai uns días entre o Concello e unha promotora.
Os nacionalistas consideran que “o alcalde manipula e terxiversa as declaracións que nós fixemos nestes días sobre esas vivendas de amparo municipal. Nas nosas declaracións quedaba claro que non estamos en contra do acceso á vivenda dos xóvenes de Barreiros nin dos que acceden á súa primeira vivenda. Nós insistimos moito nos criterios e vendo as declaracións do propio alcalde, éste segue sen falar para nada dos criterios. Nós o que queremos é que todos os veciños empadroados en Barreiros teñan a mesma oportunidade e que teñan máis oportunidade aqueles que peores condicións económicas teñen. Eso sería o lóxico, así serían auténticas vivendas de amparo, senón non se lles podería chamar así”.
O grupo municipal do BNG quere “correxir o que di o alcalde porque nós non dixemos o que él pon na nosa boca. Manipulación e terxiversación sí que a fixo xa Alfonso Fuente hai un ano cando esa macroobra da que fala él, que pretendía a anterior Consellería de Vivenda, que era o plan sectorial de vivenda e solo, que ía desenvolver urbanísticamente o centro urbano de San Cosme, que senón non sabemos cando se poderá desenvolver ese solo. Eran 156 vivendas con todas as dotacións nun espazo duns 40.000 metros cadrados e cuns criterios para a concesión de vivendas que estaban bastante máis claros que os que o propio alcalde vai defender para este convenio”.
O BNG sinala que “coas súas manipulacións e terxiversacións, reuníndose cos propietarios do solo onde se ía desenvolver ese plan sectorial de vivenda o que provocou Alfonso Fuente foi que ese proxecto non fora para adiante, eso sí, trasladándolles aos veciños unha información totalmente falsa. Que non diga o que nós non dixemos e que dunha vez por todas aclare a todo o mundo cales serán as condicións de acceso para os empadroados en Barreiros a esas vivendas. Eso é o que queren saber os veciños e o que queremos saber os grupos políticos da oposición”.
Os nacionalistas van “requerir unha copia dese convenio, algo que xa debéramos ter na nosa man, pero requerirémolo para ver as condicións nas que se asinou”.