Nota de Prensa
O BNG QUERE QUE SE ACLAREN OS TERMOS DO CONVENIO ASINADO ENTRE O CONCELLO E UNHA PROMOTORA PARA A VENDA DE VIVENDAS DE AMPARO MUNICIPAL. OS NACIONALISTAS CONSIDERAN QUE O EMPADROAMENTO NON É UN CRITERIO XUSTO NIN EQUITATIVO.
Barreiros, 26 de outubro de 2009. O BNG pide que se aclaren os termos nos que foi redactado o convenio para a venda de vivendas de amparo municipal, asinado entre o Concello e unha promotora hai uns días.
Desde o grupo municipal do BNG sinalan que “xurden as dúbidas a raíz do anuncio feito en días pasados pola alcaldía de Barreiros comunicando que se abría un prazo para solicitar a través do Concello a compra de apartamentos que unha promotora poñía á venda despois de asinar un convenio co rexedor. Esto suscitou moitas dúbidas non só no grupo municipal do BNG senón tamén entre todos os veciños. Nós o que lle esiximos á alcaldía é que aclare os termos nos que se redactou o convenio e que explique os criterios que se van seguir para ordear esa lista de aspirantes á adquisición deses apartamentos. O criterio aducido polo rexedor de estar simplemente empadroado en Barreiros, entendemos que non é un criterio que responda á unha búsqueda de igualdade de oportunidades para a xente menos favorecida, que é o que se persegue cando se fai unha promoción de vivendas sociais”.
Os nacionalistas engaden que “ao mesmo tempo moitas empresas promotoras, porque hai máis que ésta que asinou o convenio co Concello, se están preguntando cales foron os criterios para escoller a ésta e non a outras ou si tamén haberá un baremo para esas empresas. Polo tanto entendemos que se nos teñen que aclarar estas dúas vertentes, por un lado como se van escoller as empresas porque o propio alcalde anunciaba que se ía facer con máis, queremos saber con cales e con qué criterios, e o que é o máis importante, o que lle preocupa á cidadanía, é saber si hai algún criterio máis que o de estar empadadroado en Barreiros. Nós entendemos que eso non é nin equitativo nin xusto, porque por esa regla de tres as rendas máis altas de Barreiros poden comprar a totalidade dos apartamentos que ofrece esa promotora en curioso convenio co Concello”.
O BNG de Barreiros lembra que “houbo unha oportunidade hai agora un ano, cando desde a anterior Consellería de Vivenda se diseñou un plan para desenvolver no centro de Barreiros 156 vivendas de promoción pública das que 28 serían de compra libre e 128 protexidas, un plan a realizar en oito anos. O propio alcalde de Barreiros encargóuse de reventar esa proposta ao igual que o resto do PP, e entón agora si quere facer algo xusto e equitativo e que beneficie ás rendas menos favorecidas de Barreiros nos ten explicar os criterios seguidos nese convenio asinado unilateralmente cunha empresa privada”.