Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros pide que os camións non estraguen a estrada da igrexa en Celeiro de Mariñaos

NOTA DE PRENSA (FNC)

O BNG SOLICITARÁ O LUNS POR ESCRITO QUE SE LIMITE A TONELAXE E A VELOCIDADE NA ESTRADA QUE UNE A IGREXA E O CEMITERIO EN CELEIRO DE MARIÑAOS. OS CAMIÓNS QUE TRABALLAN NAS OBRAS DA A-8 ESTÁN A DESTROZAR ESE VIAL.

Barreiros, 23 de outubro de 2009. O grupo municipal do BNG de Barreiros solicitará por escrito o vindeiro luns que se limite o peso máximo para os vehículos que transitan polo vial que vai desde a igrexa ata o cemiterio en Celeiro de Mariñaos.

Segundo explican os nacionalistas “esa estrada está a ser empregada polos vehículos que traballan nas obras de construcción da A-8, no tramo Barreiros-Vilamar, e é un vial que non foi feito para vehículos de gran tonelaxe. Eso provoca os lóxicos inconvintes, deteriorando a propia estrada, molestando bastantes a todas as casas que están a carón do camiño. É un dos núcleos de poboación máis antigos desa parroquia, e supón un perigo que estes camións pasen tan preto das casas”.

Desde o BNG sinalan que “tamén se pedirá nesa proposta que se limite a velocidade. Nós entendemos que é básico que desde o Concello se limite xa a tonelaxe e a velocidade, porque hai outras alternativas para os vehículos que traballan nas obras da autovía. Cando se fai unha obra desta envergadura claro que provoca certos inconvintes, pero cando hai outras alternativas haberá que usalas. Esas posibilidade puxéronse enriba da mesa nunha xuntanza na que o BNG estivo presente, xunto cos veciños e co alcalde de Barreiros e se chegou ao acordo de dicirlles a esas empresas que empregasen outra vía. De feito unha delas, a que suministra o cemento sí que o está a facer, pero hai outras que non”.

Os concelleiros nacionalistas entenden “necesario ese límite de velocidade porque só así cunha acción contundente, decidida e firme da alcaldía se pode solucionar este problema, porque senón pode ocurrirnos unha desgracia en calquera momento. Si se da cumprimento á nosa petición acabaremos cun problema que levamos arrastrando desde hai meses”.

Comisión de seguimento

O grupo municipal do BNG considera que “un dos motivos polos que non foi atallado desde o principio foi porque o propio Concello reventou aquela comisión de seguimento das obras da autovía que estaba funcionando e onde participaban todos os grupos políticos xunto co equipo de goberno e se ía parroquia a parroquia mirando, recollendo queixas e calquera suxerencia veciñal a respecto desta obra. A finais de 2008 rompéuse unilateralmente por parte da alcaldía e tal vez este problema o tivéramos solucionado si desde o Concello se seguirá apostanto por esa mesa de diálogo proposta polo BNG e apoiada por todos os grupos”. O BNG reclama de novo “a posta en funcionamento da comisión que deu os seus frutos, para non ter que estar saindo cada grupo polo seu lado para dar conta dos problemas que esa obra lles está a ocasionar aos veciños”.

Os nacionalistas engaden que “incluso días atrás un camión bloqueou unha comitiva fúnebre entre a igrexa e cemiterio de Celeiro de Mariñaos, co lóxico enfado nunha situación tan sensible como poder ser un funeral. Eso é responsabilidade única e exclusivamente da alcaldía de Barreiros por non actuar con contundencia”.

Exit mobile version