Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG aporta datos sobre os impagos do concello de Cervo ás empresas eléctricas

NOTA DE PRENSA

Varias instalacións e alumeados públicos do concello de Cervo poderían sufrir cortes de enerxía eléctrica por falta de pago

As compañías subministradoras presentan constantes reclamacións por débedas no abono de facturas eléctricas

O BNG pregúntase como xestiona o goberno municipal o orzamento dedicado a enerxía eléctrica

Cervo, 30 de outubro de 2009. O BNG fai públicas as reclamacións presentadas polas compañías subministradoras de enerxía eléctrica para alumeado público e instalacións dependentes do concello de Cervo, só no mes de outubro o concello recibiu notificacións con avisos de corte por falta de pago por importes que superan os 41.000 euros e tendo que pagar recargos de demora por mais de 2.600 euros.

O BNG responsabiliza ao alcalde e concelleiro de Facenda da morosidade municipal

O BNG fai públicas as constantes reclamacións por parte de compañías subministradoras de enerxía eléctrica ao Concello de Cervo, non son novos os avisos de corte de subministro debido á morosidade dos gobernantes municipais na súa relación con empresas subministradoras de materiais e servizos; ás constantes reclamacións das compañías eléctricas hai que sumar minutas por servizos xurídicos nos múltiples casos xudiciais nos que o PP meteu ao concello de Cervo e aos seus veciños e veciñas. “A facenda municipal e un barco que vai sen rumbo fixo, sen capitán e sen tripulación” en referencia ao alcalde e Concelleiro de Facenda, Alfonso Villares e o seu grupo de goberno. Bernardo Insua responsabilizou directamente ao alcalde, escusando aos funcionarios, “que fan o que poden”. O portavoz nacionalista fixo mención a responsabilidade do goberno local que non presenta orzamentos municipais a pesar de ter maioría absoluta para aprobalos, e unicamente acude a constantes prórrogas que desvirtúan as contas de ingresos e gastos e así e imposíbel contar cun orzamento realista e acorde coas necesidades do concello. Por último, Bernardo Insua, volveu reiterar as críticas do BNG aos salarios dos concelleiros do grupo de goberno, “un grupo de goberno que lle costa aos cidadáns mais de 106.000 euros ao ano ten que ofrecer resultados e non só pasar por caixa a fin de mes”

Constantes advertencias de corte de subministro e recargos por demora no pago das facturas.

O BNG fixo públicos os avisos de corte de subministro presentados pola compañía eléctrica BEGASA mediante escritos presentados o 9 de outubro por un importe de 18.067,13€, con aviso de corte para o día 4 de febreiro de 2010 e outro presentado o 15 de outubro con data límite de pago no 17 de outubro cun paquete de facturas que suma 22.754,98€, ademais denunciou que a morosidade ten consecuencias e o concello debe afrontar o pago por recargos de 2.639,74€. A estas cantidades hai que engadir a reclamación presentada por Unión FENOSA que reclama o pago de facturas por importe de 567,80€ cun recargo de 340,51€ de non facerse efectivo o pago antes do 12 de decembro.

Ramón Luís Bernardo Insua.

Responsábel Local do BNG de Cervo   Para mais información chamar ao tlf. 619591152

DATOS:

NOTIFICACÓN DÉBEDAS BEGASA RE5546 15-10-09
DATA LÍMITE PAGO: 17-10-09
ZONA AFECTADA DEBEDA PERIODO
AP A ALLEIRA VILAESTROFE 8,63 23-12-08 – 29-12-08
AP A ALLEIRA VILAESTROFE 79,51 16-10-08 – 23-12-08
AP A ALLEIRA VILAESTROFE 123,3 18-08-08 – 16-10-08
AP A ALLEIRA VILAESTROFE 30,42 29-12-08 – 18-01-09
AP A ALLEIRA VILAESTROFE 59,66 20-05-09 – 17-06-09
AP A ALLEIRA VILAESTROFE 23,64 20/04/09 – 20/05/09
AP A ALLEIRA VILAESTROFE 82,95 22/03/09 – 20/04/09
AP A ALLEIRA VILAESTROFE 35,52 17/02/09 – 22/03/09
AP A ALLEIRA VILAESTROFE 166,75 18/01/09 – 17/02/09
AP GALDIN 484,96 07-04-09 – 14-05-09
AP GALDIN 42,93 14-05-09 – 12-06-09
AP GALDIN 1.042,29 17/12/08 – 10/02/09
AP GALDIN 26,33 12/06/09 – 30-06-09
AP GALDIN 1.150,46 19/10/08 – 17/12/08
AP GALDIN 922,4 10/02/09 – 07/04/09
AP VILADESUSO 270,84 18-08-08 -17-10-08
AP VILADESUSO 244,93 17-10-08 -03-12-08
AP VILADESUSO 189,9 23-03-09 – 20-04-09
AP VILADESUSO 107,57 17-02-09 – 22-03-09
AP VILADESUSO 202,76 18-01-09 – 17-02-09
AP VILADESUSO 90,6 24-12-08 – 18-01-09
AP VILADESUSO 109,7 03-12-08 – 24-12-08
AP VILADESUSO 138,28 20-05-09 – 17-06-09
AP VILADESUSO 80,93 20-04-09 – 20-05-09
MUIÑO CERVO 49,57 17-02-09 – 22-03-09
MUIÑO CERVO 16,8 22-03-09 – 20-04-09
MUIÑO CERVO 240,86 16-10-08 – 03-12-08
OBRADOIRO CERVO 30,59 20/04/09 – 20/05/09
OBRADOIRO CERVO 149,36 18/01/09 – 17/02/09
OBRADOIRO CERVO 100,44 03/12/08 – 23/12/08
OFICINA LIEIRO 2699,15 16-01-09 – 12-02-09
OFICINA LIEIRO 3.067,99 12/02/09 – 12/03/09
PISCINA LIEIRO 10,02 ?
PISCINA LIEIRO 4795,09 14-12-08 – 16-01-09
PISCINA LIEIRO 2215,9 12-12-08 – 141208
PISCINA LIEIRO 122,47 17/11/08 – 12/12/08
PISCINA LIEIRO 3.147,89 15/05/09 – 12/06/09
POL INDUSTRIAL CUIÑA 111,05 07-09-09 – 09-10-09
POL INDUSTRIAL CUIÑA 9,33 09/05/09 – 08/06/09
POL INDUSTRIAL CUIÑA 9,33 07/04/09 – 09/05/09
POL INDUSTRIAL CUIÑA 24,45 11/03/09 – 7/04/09
POL INDUSTRIAL CUIÑA 23,7 10/02/09 – 07/03/09
POL INDUSTRIAL CUIÑA 107,23 08/01/09 – 10/02/09
POL INDUSTRIAL CUIÑA 13,51 29/12/08 – 08/01/09
POL INDUSTRIAL CUIÑA 15,46 17/12/08 – 29/12/08
POL INDUSTRIAL CUIÑA 79,53 09/10/08 – 17/12/08
TOTAL 22.754,98

RE5509 09/10/09
DATA LÍMITE DE PAGO 04/02/10
ZONA AFECTADA DEBEDA
GARAXE PROT CIVIL 600,91
AP CASMAIO RÚA 685,79
PAVILLÓN DEPORTES A VEIGA 2.448,85
ANTENA O EIXO 231,62
GARDERÍA SAN CIBRAO 492,33
AP RUETA 281,92
POL INDUSTRIAL CUIÑA 1.442,17
CENTRO SOCIAL CURRAL 289,79
ESTACIÓN BOMBEO CUIÑA 708,53
AP RÚA DO VILAR (CERVO) 289,4
OFICINA CAMPO DA FEIRA(CERVO) 78,73
AP O MITÍN (CASTELO) 92,07
AP VESTIARIOS OS CAMPOS(S.C.) 78,64
BOMBEO LIEIRO 212,86
NAVE POL CUIÑA 2.801,75
CASA DO CONCELLO 687,81
CASA DA CULTURA 2.593,65
AP. XOSÉ Mª CAO 543,81
BAIXO USOS PÚBLICOS MOTIN 153,49
PISCINA LIEIRO 837,2
AP. XOSÉ Mª CAO 1.290,73
LOCAL SOCIAL A VENTA 121,86
EDIF MULTIUSOS PENA 936,91
A GRANDA BAIXO 166,31
TOTAL 18067,13
RECLAMACIÓN POR IMPAGO FTRAS. FENOSA RE5592 19/10/09
DATA LÍMITE DE PAGO 12/12/09
ZONA SERVIZO DATA VTO. DÉBEDA RECARGO
AP MUIÑO DE ABAIXO CERVO 13/10/09 26,42 20,03
AP CURRAL GRANDE    CASTELO 13/10/09 2,19 20,03
AP VILAR VILAESTROFE 13/10/09 11,38 20,03
AP A CRUZ  SAN CIBRAO 13/10/09 17,62 20,03
AP O EIXO SAN ROMÁN 13/10/09 32,91 20,03
AP O EIXO SAN ROMÁN 13/10/09 42,03 20,03
AP XOSÉ  Mª CAO CERVO 13/10/09 115,72 20,03
AP O MOTÍN CASTELO 13/10/09 9,73 20,03
AP A VENTA  LIEIRO 13/10/09 11,31 20,03
AP CASAS NOVAS CERVO 13/10/09 31,62 20,03
AP O FARO SAN CIBRAO 13/10/09 44,66 20,03
AP CURRAL GRANDE    CASTELO 13/10/09 9,73 20,03
AP AVDA. DE LUGO  CERVO 13/10/09 118,37 20,03
GARAXE PRAZA CONCELLO CERVO 13/10/09 55,69 20,03
AP O MOTÍN CASTELO 13/10/09 8,99 20,03
AP O MUIÑO CERVO 13/10/09 16,83 20,03
AP RÚA DOS CAMPOS S. CIBRAO 13/10/09 12,6 20,03
TOTAL 567,8 340,51
Exit mobile version