Nota de Prensa
Os nacionalistas recoméndanlle ao PP que non utilice este para agochar o desgoberno da Xunta
Veiga demanda aos representas mariñaos que defendan no Consello de Administración da Autoridade Portuaria os intereses da Comarca.
O BNG esixe ao Goberno que efectivize o acordo de Congreso de liberalizar o Porto de Alcoa
Inicio dunha campña social e insdtitucional pola liberación do dique norte para o tráfico comercial
O BNG no marco dunha conferencia de prensa realizada hoxe no local comarcal da organización anunciou por bocas do seu portavoz comarcal, Antonio Veiga, o inicio dunha campaña social e institucional de cara a efectivizar o acordo adoptado o 25 de setembro de 2008 polo que o Ministerio de Fomento comprometíase á liberalización para o tráfico comercial do dique norte de Alcoa nun prazo de tres meses.
Neste sentido, os nacionalistas lembraron que o Porto Comercial de San Cibrao construído no seu momento polo INI, a día de hoxe explotando en réxime de monopolio pola multinacional Alcoa para o que conta cunha concesión ate 2023, utiliza unicamente o dique sur, o que significa o non aproveitamento do dique norte para a súa utilización para o transito comercial.
A este respecto débese ter en conta que a posta en funcionamento do dique norte, tal como consta en diferentes estudos e anteproxectos a elaborados,nalgúns casos por organismos públicos, significaría habilitar un peirao de atraque de 500 metros ao longo do dique norte que permitiría a entrada de mercantes de 62.000 toneladas implicaría un investimento do arredor de 9 millóns de euros.Neste sentido hai que ter en conta que no Porto de San Cibrao nos últimos 10 anos a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao arredecadou 18,8 millóns de euros, case 2 millóns de euros anuais, o que permitiría que a actuación se financiase con fundos propios.
A ninguén se lle escapa o papel activo que está infraestructura xogaría na dinamización económica do norte galego, abaratando os gastos de loxística de boa parte do sector industrial da zona que se ven obrigados a utilizar os Portos de Vigo, Coruña e Gijón, freando a fuga de determinados divisións do noso tecido empresarial que se están desprazando cara Coruña e maioritariamente a Gijón e abrindo novas posibilidades de negocio.
O Porto de San Cibrao, hoxe limitado o seu dique sur, xera o 47,5% da cota total de negocio da Autoridade Ferrol-San Cibrao, agora ben co actual sistema tarifario definido a nivel estatal aproximadamente a metade dos fundos recadados en concepto de canóns e taxas polas diferentes Autoridades Portuarias son absorbidos directamente por Portos do Estado, para o chamado Fundo de Compensación, o que representa un auténtico espolio para o conxunto dos portos galegos de interese xeral , que fican cun 40% do recadado e que a súa vez son prexudicados polo reparto efectuado do fundo de compensación que recae nun 80% nos portos de Bilbao, Barcelona, Valencia e Algeciras.
A Executiva Comarcal do BNG, referiuse á propia liquidación dos Orzamentos Xerais do Estado de 2007 ou a Memoria do referido exercicio da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, por ser ben elocuentes da situación que vimos de referir. Así mentres que Portos do Estado investiu no período referido na Galiza 77,3 millóns de Euros o único dos Portos Galegos de Interese Xeral que ficou sen investimento público foi o de San Cibrao, cando o seu movemento de mercadorías situase nos 5.033.638 Toneladas máis que o Porto de Marín e case o 49% da totalidade da Autoridade Portuaria a que esta inscrito.
A representación mariñám na Autoridade Portuaria debe actuar como un lobbi na defensa dos intereses mariñáns
Asemade Veiga, fixo fincapé en que a representación luguesa na autoridade portuaria é escasa, non correspondéndose co peso que en termos de fletes e aportacións económicas representa San Cibrao para o conxunto da mesma. A pesar das queixas reiteradas que por parte dos axentes sociais da Mariña se ten feito ao respecto, na modificación da composición da mesma que ven de formular o Consello da Xunta esta non aumenta, o que sitúa a nosa zona nunha posición de desventaxa fronte a outra infraestructura portuaria. Nesta liña, os nacionalistas mariñaos, esixiron que a representación luguesa no Consello de Administración da Autoridade Portuaria opere como “lobbi” na defensa dos intereses comarcais a fin de garantir un maior investimento na nosa zona; Veiga, plantexou que os mesmos deben esixir un investimento da mesma na comarca da Mariña que se corresponda coa aportación que a comarca fai á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.
Os nacionalistas denuncian a actitude demagóxica do PP que non asume o seu papel no goberno galego e utiliza o tema só para facer oposición.
Aos nacionalistas mariñaos parécelles lamentábel a actitude demagóxica coa que o PP pretende criar confusión con este tema, utilizando organismos públicos como Portos de Galiza, para situarse nunha estratexia de oposición sen plantexar solucións reais para este tema. A lexitimidade en política, non a dan os resultados electorais, senón a coherencia, o rigor e o sentido ético no exercicio da mesma pola que malamente poden falar os populares dun tema que puideron resolver na etapa de Aznar e sobre o que fixeron mutis polo forro.
A posta en funcionamento e a liberalización do dique norte de Alcoa ten un carácter estratéxico para o conxunto do norte galego, na medida que nos conecta coas autovías marítimas europeas, permite superar a situación de excentralidade do Cantábrico galego e opera de imán e panca para a totalidade dos noso tecido productivo. A transferencia a Galiza dos Portos de Interese Xeral vai moito máis ala de por fin ao espolio que representa o actual modelo tarifario estatal, xa que significa pór en valor o sistema portuario galego a través da súa racionalización e especialización mediante a conformación dun pool que se aproveite da posición privilexiada de Galiza en relación co tránsito marítimo internacional.
Presentación de iniciativas institucionais nos concellos, Deputación e Parlamento Galego
Á vista destas consideracións o 25 de Setembro de 2008 o Congreso dos Deputados aprobaba por unanimidade iniciar os tramites para a liberalización do dique norte do Porto de San Cibrao, facéndose eco das posicións nesta dirección do conxunto das forzas sociais e políticas da Comarca, así como dos posicionamentos neste sentido das Corporacións Mariñáns, da Deputación de Lugo e do Parlamento de Galiza, dándose un prazo de tres meses para iniciar as negociacións coa empresa concesionaria. Á altura de Xuño de 2009 o Ministerio de Fomento, de quen depende Portos do Estado, contestaba por escrito en sé parlamentaria que non se procedera a dar comezo as negociacións descoñecéndose a día de hoxe en que estado se atopan estas ou mesmamente se teñen comezado.