Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde está desmantelando Protección Civil, afirma o PP de Burela

NOTA DE PRENSA

O GMPP afirma que o alcalde está  desmantelando Protección Civil.

Aseguran que a formación que se dá ós traballadores do GRUMIR é nula.

Os populares demandan unha revisión do Plan de Emerxencias Municipal.

O GMPP de Burela emitiu hoxe unha nota de prensa na que manifesta que o alcalde está desmantelando os servicios de protección civil do concello, dado que os investimentos nesta materia nos últimos dous anos foron igual a cero, e a formación que se lles dá os traballadores do GRUMIR tamén é nula.

Os populares bureleses indican que o último investimento forte en materia de protección civil foi a adquisición do camión de bombeiros, feita polo Partido Popular. A partires de ahí, nada.

Em materia de formación, os traballadores do GRUMIR non reciben ningunha, co que o risco que se corre en caso de incendio ou de accidente é importante. Cómpre lembrar que durante o goberno municipal do PP, facíanse de vez en cando prácticas, para habituar ós traballadores ós recursos cos que contaba o concello. Ademais, impulsábase a participación dos traballadores nos cursos de formación que organizaba a Xunta, e mesmo desde o propio Concello se teñen organizado congresos de formación que chegaron a ter impacto a nivel nacional. Agora, o traballo do concello en formación é igual a cero.

Ademais, os populares lembran que o concello tén un Plano de Emerxencias Municipal, PEMU, que foi un dos primeiros en ser homologado pola Xunta a nivel galego. Os populares entenden que ese Plano precisa dunha actualización sistemática e periódica. Se o alcalde coñecera o indicado Plano, seguro que non habería tanto retraso o pasado vintesete no rescate dunha persona no acantilado do Perdouro. Por certo, ainda estamos agardando que se lle diga á cidadanía de Burela porqué o equipo de rescate en altura de Cervo  tamén está agardando pola resposta ó seu ofrecemento de colaborar no rescate.

Exit mobile version