Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo e o delegado de Portos nas obras de fachada litoral de San Cibrao

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o responsable provincial de Costas, José Miguel Esteban, visitaron as obras da fachada litoral que este organismo esta a desenvolver na vila de San Ciprián.  Os traballos de mellora na fachada sur do litoral consisten na reposición de 340 metros de varanda do parque Reina Sofía e 160 metros na zona da Ría, ata a ponte de Feve. Tamén se mellorará a accesibilidade en varios puntos e reordenarase o fondo da ría mediante a pavimentación en granito e adoquín. Esta actuación tamén inclúe a continuación do paseo marítimo ata o final da ría. O orzamento de licitación destes traballos ascendeu a 470.000 euros.

Exit mobile version