BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, participará o vindeiro xoves en Ribadeo no seminario A Mariña asturlucense: un territorio de cooperación, que organiza a Universidade de Santiago de Compostela. O evento desenvolveráse no Parador de Turismo do 22 ó 24 de outubro e contará coa participación de medio cento de alumnos. Llano explicou que “o xoves acudirei a Ribadeo á inauguración deste seminario aberto e o venres nós en Burela ímoslles ofrecer unha recepción ós participantes que pasarán polo Concello e despois visitarán o barco museo Reina del Carmen e o porto”.