BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, participará o vindeiro xoves en Ribadeo no seminario A Mariña asturlucense: un territorio de cooperación, que organiza a Universidade de Santiago de Compostela. O evento desenvolveráse no Parador de Turismo do 22 ó 24 de outubro e contará coa participación de medio cento de alumnos. Llano explicou que “o xoves acudirei a Ribadeo á inauguración deste seminario aberto e o venres nós en Burela ímoslles ofrecer unha recepción ós participantes que pasarán polo Concello e despois visitarán o barco museo Reina del Carmen e o porto”.
O alcalde de Burela irá ó seminario A Mariña asturlucense: un territorio de cooperación, que organiza a USC
O alcalde de Burela irá ó seminario A Mariña asturlucense: un territorio de cooperación, que organiza a USC
Relacionado
-
Medio Rural organizou unha xornada informativa e formativa no CFEA Pedro Murias sobre a Faba de Lourenzá
-
A Asociación Saúde Mental “A Mariña” inaugurará o martes en Cervo o seu cuarto Centro de Rehabilitación psico-social e laboral
-
Presentada a Semana Santa de Ribadeo que se desenvolverá do 11 ao 20 de abril