Site icon Crónica3.com A Mariña

Nuñez Feijó falou en Lourenzá do “endémico illamento” de A Mariña, da estrada da costa e da area sanitaria

Martínez Sierra,Ramón Pernas e Nuñez Feijó na Fseta da Faba (foto:NovasXunta)

LOURENZÁ .- O presidente da Xunta participou na inauguración da Festa da Faba de Lourenzá  onde fixo referencia ó “endémico illamento” de A Mariña e citou a vía de alta capacidade (VAC) da Costa Norte, da que non hai ningún tramo comezado na provincia de Lugo. Feijo tamén se referiu a que a Xunta aposta pola área sanitaria da comarca da Mariña de Lugo, que contará con novas especialidades e mellor dotación tecnolóxica.

Referencia

Feijóo amosa o apoio da Xunta para diferenciar os produtos propios e que a marca Galicia sexa sinónimo de calidade

O presidente da Xunta participou na inauguración da Festa da Faba de Lourenzá, onde felicitou aos máis de 50 produtores que conforman a Indicación Xeográfica Protexida

Aposta pola certificación e a identificación como o mellor xeito de propiciar valor engadido e incrementar a competitividade dos produtos galegos

Salienta a aposta da Xunta pola provincia de Lugo a través do Plan Impulsa-Lugo que potenciará os investimentos e a creación de emprego, e a inclusión no Plan MOVE de infraestruturas como a Vía de Alta Capacidade da Costa Norte

Feijóo amosa o apoio da Xunta para diferenciar os produtos propios e que a marca Galicia sexa sinónimo de calidade

Lourenzá (Lugo), 3 de outubro de 2009.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosou hoxe o apoio do Goberno galego para diferenciar os produtos propios e que a marca Galicia sexa sinónimo de calidade. Así, Núñez Feijoo salientou a aposta da Xunta por darlle pulo á certificación e identificación das nosas producións agroalimentarias de calidade, “como o mellor xeito de propiciar valor engadido e, por tanto, de incrementar a nosa competitividade”.

O titular da Xunta, quen asistiu á inauguración hoxe en Lourenzá da Festa da Faba, destacou que “diferenciarnos é o camiño” para poder introducir os produtos galegos nos diferentes mercados e promover “un equilibrio real” entre o esforzo dos produtores e o beneficio económico que xera a súa actividade.

“Obviamente, son os consumidores os xuíces supremos da calidade de cada produto. Mais os poderes públicos, en estreito contacto co sector agrícola, debemos poñer os medios para que o usuario final siga confiando no prestixio acadado pola marca Galicia. Para que cando un consumidor vexa Galicia na etiqueta, vexa un sinónimo de calidade e de delicatessen”, engadiu.

Neste sentido, Feijó animou aos produtores e comercializadores “desta magnífica Faba de Lourenzá” a continuar traballando para consolidar este produto “como un dos máis senlleiros da nosa fabulosa despensa”. “Sen dúbida, os lugueses en particular e os galegos en xeral podemos sentirnos orgullosos da calidade deste froito da terra. Unha calidade, por certo, certificada pola Indicación Xeográfica Protexida, que ampara xa a máis de cincuenta produtores, e que constitúe, ademais dun garante da excelencia deste produto, un factor fundamental para apoiar a súa comercialización”, engadiu.

“Discriminación positiva” para a provincia de Lugo
O presidente da Xunta aproveitou a súa presenza en Lourenzá para ratificar o compromiso do Goberno galego coa provincia. Así, Feijoo asegurou que Lugo necesitaba unha discriminación positiva que o Goberno galego lle deu a través do Programa Impulsa-Lugo que fomenta investimentos e emprego na provincia. Confirmou, ademais, a aposta da Xunta pola área sanitaria da comarca da Mariña de Lugo, que contará con novas especialidades e mellor dotación tecnolóxica.

“Lugo requería unha mellor conexión co resto do territorio e, por iso, esta provincia ten un papel protagonista no Plan MOVE, con infraestruturas tan importantes como a Vía de Alta Capacidade da Costa Norte, que servirá para paliar o seu endémico illamento”, afirmou Feijoo, quen salientou que, con medidas como esta, “estou seguro de que daremos a Lourenzá, á Mariña e a toda a provincia de Lugo o impulso necesario para que se incorporen á Galicia única”.

Exit mobile version