NOTA DE PRENSA
Para o PP Trabada non existe a tenor do orzamentado pola Xunta para o concello no ano 2010
O BNG denuncia que non existe ningunha partida especifica para o concello
Os compromisos do Alcalde e de Balseiro en campaña electoral quedaron reducidos a pouco mais de 2.000 euros
Trabada precisa investimento público para apoiar a industria local e fixar poboación
O BNG de trabada denuncia a ausencia de ningún investimento público para o ano 2010 nos orzamentos elaborados polo goberno do PP para o ano 2010, “si atendemos aos datos oficiais expostos no proxecto de orzamentos, para Trabada hai 0 euros de investimento real para o ano 2010”, isto non é unha opinión, e a realidade que pode ser facilmente contrastada consultando a documentación. Os nacionalistas de Trabada téñeno claro, “ ou o alcalde non pinta nada, ou ao PP impórtanlle ben pouco os veciños deste concello” . A organización nacionalista,………, expresa a súa preocupación polas graves dificultades polas que están a pasar numerosas explotación agro-gandeiras do concello, “hai explotacións que valoran a posibilidade de botar o peche, e despois que facemos”, fai referencia á falta de apoio da Consellaría do Medio Rural ao sector gandeiro e forestal, a principal fonte económica do concello, “si non se apoian os recursos dos que dispoñemos, a sangría no censo de poboación no municipio irá a mais”
Onde está a construción de vivenda social e a concentración parcelaria dos montes
Lembrase as constantes queixas do alcalde co anterior goberno galego, José Manuel Yanes Ginzo sempre acudía á mesma retórica, o bipartito non lle quere a Trabada, o nacionalista pregúntase agora “que ten que dicir o alcalde cando nos orzamentos elaborados polo seu partido non existe ningunha consignación orzamentaria que atenda os compromisos adquiridos en campaña polos dirixentes do seu partido”. Lembra o bng local o que foi cabalo de batalla política para o PP nestes anos, a construción de vivenda pública e a concentración parcelaria dos montes da Vilapena foron demandadas con insistencia polo alcalde e o candidato ao parlamento galego, José Manuel Balseiro, abriu a campaña electoral comprometendo a construción desas vivendas e a concentración parcelaria dos montes de Vilapena, “onde están agora eses compromisos e onde está o alcalde e o parlamentar popular que non dan a cara para explicar que foi desas promesas electorais”
O BNG de trabada lamenta que nin a campaña mediática do PP na explicación dos orzamentos da Xunta ten en conta ao concello de Trabada, a pesar de ter multiplicado por dous as cifras reais de investimentos, a Trabada só se lle atribúen 2.220 euros para recursos turísticos, un mísero investimento que da conta do pouco aprecio que ten o PP por un concello no que sempre gobernou.