Site icon Crónica3.com A Mariña

Non ten claro o PP de Burela as axudas de 40 euros que da o Concello a escolares e pide aclaracións “con papeis”

NOTA DE PRENSA

O GMPP pídelle a Nieves Cando que demostre “con papeis” que hai bases de convocatoria e consignación orzamentaria.

Os populares afirman que as declaracións de Cando son “o recoñecemento da impontencia”.

Ratifican que a día de onte non había convocatória oficial das axudas de 40 euros.

O GMPP de Burela considera que as declaracións de Nieves Cando sobre as axudas de 40 euros demostran a súa incapacidade, confirman que non hai convocatoria oficial das axudas, e poñen de manifesto que ante a impotencia usan a descalificación.

Os populares afirman que co PP no goberno municipal tamén había  axudas para libros a principios de curso, aínda que non como agora se plantexan, que seguen considerando inxustas. Decir que o PP está en contra do comercio local é unha solemne bobada que só pode vir dunha persoa que tén o norte perdido e que non tén ningún argumento para rebatir o que nós afirmamos.

Por eso nos ratificamos en que a día de onte, luns, non había consignación orzamentaria para estas axudas, nin tampouco estaban nin tan siquera redactadas as bases da convocatoria das axudas, e moitos menos aprobadas, algo que é preceptivo.

Polo tanto, se Nieves Cando demostra que a información que nós manexamos non é a exacta, que enseñe papeles, e estamos dispostos a rectificar. Eses papeles son dous: o decreto do alcalde polo que se asignan cartos para esta actividade e outro decreto do alcalde no que se aproban as bases da convocatória: así de simple. Pero se estamos no certo, e eses documentos non existían a día de onte, tal e como nós afirmamos, debe ter a decencia de marcharse para a súa casa e pedir perdón ós cidadáns de Burela.

Exit mobile version