Non creo nos heroes. Detesto o ollo por ollo e confeso certo pavor fronte aos que toman a xustiza pola súa man. A violencia, nunca é o camiño. Pero tal como están as cousas case empezo a xustificar que algún, cheo de cabreo lle arree un sopapo ao político que mais cerca teña, despois de aguantar a súa prepotencia , ignorancia e choriceo.
Agora temos un país case case de Alibaba e os corenta ladróns, un pais que dá pena de pena, un país ao que lle faltan demasiados puntos para chegar a ter categoría de democracia desenvolvida.
Deberían saber estes políticos de medio pelo que lles toco unha lotería gobernarnos perante os próximos anos que sen un bo sistema educativo público non se vai a ningún lado, así estamos, o malo é que o fixeron adrede. Xa lles interesa ternos con este nivel de pasotismo e fracaso escolar que non é máis que o fracaso dun pobo. Pero iso si, diñeiro público para as escolas de elite que o conselleiro mima amorosamente.
Está claro que o principio de igualdade pasano polo forro daquel sitio. Eu pregunto, que sistema político é a “democracia” cando a cidadanía que elixe os seus representantes non pode actuar con rapidez, para desbancalos do seu cargo? Que volva o “ostracismo”, xa!. Para o único que lles interesa presentarse á política é para vivir sen traballar cun bo soldo e metendo man alí onde os deixen. Ele@s enchéndose os petos, e, como nunha confraría de ladróns, tod@s, deféndense como gato@ panza arriba, faltaría máis.
Ante tanta inmundicia o único que se me ocorre e: “… vivo no país de Alibaba e os corenta ladróns…”.