LOURENZÁ .- Continuando co cambio “na filosofía de degustación” arredor da Faba de Lourenzá a organización propón para o sábado degustación de faba de Lourenzá e xantar popular con menú para o domingo. A degustación a partir de 2 euros “cunca pequena” e o xantar a partir de 7 euros o menú infantil.
Nota de Prensa
Tentando aumentar cada ano a oferta gastronómica arredor da Faba de Lourenzá para acoller a demanda dos visitantes, a Organización decide dar continuidade ao cambio na filosofía de degustación da edición anterior na que se realizará unha DEGUSTACIÓN na xornada do sábado e un XANTAR POPULAR con menú na xornada do domingo.
Ademáis continuaremos coa colaboración con ACEGA (Asociación de Celiacos de Galicia) co fin de que todos aquelas persoas que padezan este transtorno alimentario de intolerancia ao glute e se acerquen a degustar as fabas nas Degustacións Populares que se ofrecen poidan comer sen ningún tipo de problema.
SÁBADO 3 DE OUTUBRO: DEGUSTACIÓN POPULAR
Esta Degustación Popular de Fabas estará ubicada na Praza do Conde Santo e comezará a partires das 13,30 h. Ofreceranse 2 especialidades diferentes de faba de Lourenzá tendo previsto repartir unhas 300 racións, entre as cuncas grandes e cuncas pequenas.
ESPECIALIDADES:
* FABAS DE LOURENZÁ VERDINAS CON MARISCO
* FABAS DE LOURENZÁ CON CARNES DO VAL
PREZOS:
Cunca grande 5 € 4Cunca pequena 2 €
Botella de Viño Tinto D.O. Ribeira Sacra 5 €
Para os visitantes celiacos ofreceráselles este menú acompañado de pan sin glute
DOMINGO 4: XANTAR POPULAR con MENÚ – DEGUSTACIÓN
Nesta xornada teremos un XANTAR POPULAR composto por un Menú – Degustación, ofrecéndolle aos visitantes a posibilidade de degustar a Faba de Lourenzá nun menú de calidade creado específicamente para esta degustación. A carpa estará novamente ubicada na Praza do Conde Santo e terá lugar o domingo 4 de outubro a partires das 13:00 h. O menú está formado por:
*
– Pementos de piquillo recheos de fabas mariñadas con crema e triscantes de froitos secos e resaltes de perexil.
– Fabas con ameixas / Fabas con carnes do Val
*
-Tarta de bizcoito con crema de fabas en semifrío e resaltes de froitos silvestres.
*
MENÚ DEGUSTACIÓN CELIACOS
O menú constará do mesmo 1º e 2º prato. Como postre ofrecerase
– Arroz con leite e faba confitada.
PREZOS:
Menú: 10 €
Menú Infantil: 7 €
Botella de Viño Tinto D.O. Ribeira Sacra 5 €
Por terceiro ano consecutivo e intentando dar un maior impulso de calidade á propia degustación popular de fabas a organización porá á venda Vino Tinto D.O. Ribeira Sacra da Adega “Valcar”, coa etiqueta conmemorativa deste 19º aniversario en Homenaxe á Literatura.
Paralelamente e en colaboración cos establecementos hosteleiros de Lourenzá dende o xoves día 1 ata o domingo 4 de outubro ofrecerán unha degustación de tapas con fabas, sendo un xurado popular o encargado de valorar ditas tapas. A entrega de premios terá lugar nun acto público na tarde do domingo contando coa colaboración da Adega Valcar. Os establecementos participantes son:
Restaurante La Unión | Empanada de Fabas con Polbo Fabas “ La Unión”Empanada de Fabas con Zorza Fabas con Mexilóns Fabas con Zamburiñas Fabas con Xamón |
Mesón O Pipote | Fabas “O Pipote” |
Cafetería Vinotera “Morrigan” | Fabada |
Café Bar “O Torreón” | Fabas con setas Fabada |
Cervecería O Recanto | Fabas con Polbo Fabada Fabas“O Recanto” |
Cafetería “Galaxia” | Fabas “Galaxia” Fabas con Ameixas Fabada |
Café Bar Cantón | Albóndigas de bacallao con fabas FabadaSalpicón de Fabas |
Cervecería Estrella | Fabas con polvo Fabada Fabas con bacalaoFabas “Sorpresa” |
o longo das dúas xornadas a Pulpería Rochela (instalada no recinto feiral) ofrecerá entre os seus pratos Faba de Lourenzá.
Paralelamente á parte gastronómica os visitantes poderán disfrutar de actividades musicias: CHARANGA MANCA NA CHEDA, ECOLA DE GAITAS E ORTIGUEIRA e festa verbena coa orquestra PHILAPELPHIA, actividades de lecer: OBRADOIRO DE BARRO, EXPOSICIÓN “MÁQUINA DE ESCRIBIR ANTIGAS” EXPOSICIÓN XIII CONCURSO FOTOGRÁFICO “FESTA DA FABA”.