Site icon Crónica3.com A Mariña

Mestura e compara o parlamentario Balseiro previsións de inversións da Xunta e do Estado na costa

NOTA DE PRENSA

O deputado popular salienta a gravidade das afirmacións de Manuel Vázquez respecto da Mariña lucense

BALSEIRO EMPRAZA AO PSOE A QUE SE COMPROMETA A INVESTIR NO TREITO ESTATAL DO CORREDOR COMO MÍNIMO 40 MILLÓNS DE EUROS TAL E COMO TEN PREVISTO FACER A XUNTA NOS TRAMOS DA SÚA COMPETENCIA

* Os populares sorprendidos porque Manuel Vázquez, deputado autonómico e ex-alcalde reste importancia aos acordos plenarios e parlamentarios

* O PSOE perdeu a oportunidade de explicar as razóns da marxinación da Mariña dos orzamentos do Goberno central e os prexuízos da suba de impostos que pretenden levar adiante.

* Segundo o PP é inaudito que cando a Xunta duplica o investimento no Hospital da Costa respecto ao previsto no 2009 o PSOE chame á mobilización. Hai que lembrar o esquecemento no que o bipartito mantiña a o centro hospitalario burelés e a todo o sistema sanitario comarcal, empezando polas lista de espera oculta.

A Mariña lucense, 27 de outubro de 2009.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol emprazou aos socialistas a que se comprometan publicamente a investir no treito estatal do corredor como mínimo 40 millóns de euros, unha cantidade similar a que ten previsto achegar a Xunta nos tramos da súa competencia. Mentres que o PSOE foi incapaz de executar cando xestionaba a administración autonómica un só euro para esta infraestrutura, e tampouco executou as partidas  comprometidas para o treito estatal, entre San Ciprián e Barreiros, o novo Goberno de Feijóo adxudicou por valor de 32,3 millóns de euros as obras desta vía entre Celeiro e San Ciprián, e consignou 5,8 millóns de euros máis para os treitos lucenses da súa competencia.

SORPRESA POLAS  PALABRAS DE VÁZQUEZ

Balseiro tamén quixo valorar a visita do líder dos socialistas galegos, e neste sentido, amosou a súa sorpresa despois de escoitar as palabras de Manuel Vázquez restando valor aos acordos plenarios e parlamentarios. No día onte o secretario xeral do PSdeG afirmou que “os acordos plenarios e parlamentarios non garanten manter servizos” unha afirmación que segundo Balseiro é inaceptable vindo dunha persoa que neste momento é deputado e anteriormente foi alcalde.

Segundo o PP o líder socialista realiza estas afirmacións porque no PSOE non son capaces de cumprir nin o que prometen, nin aquelo que asumen dun xeito oficial, pero non todos somos iguais, e os feitos o demostrarán

CONTRASTE INVESTIMENTO XUNTA-GOBERNO CENTRAL

Coa a visita de Manuel Vázquez os socialistas perderon a oportunidade de anunciar un incremento das achegas estatais para a comarca. Así o entende Balseiro Orol quen salienta que, cos datos nas mans, hai que lembrar que mentres que a Xunta de Galicia eleva os seus orzamentos un 34,17%, o Goberno central reduce as súas achegas para A Mariña nun 30%. Os deseñados por Feijoo son os mellores orzamentos dos últimos cinco anos, os do Goberno central supoñen unha marxinación evidente que nin sequera explican os socialistas.

A MARIÑA RECIBE DO ESTADO MENOS DO 5% DO QUE RECADA

Segundo o deputado popular A Mariña non reciben in o 5% do que o Goberno central recada nesta comarca, cuxos veciños ademais estarán irremediablemente prexudicados pola suba de impostos que ten previsto levar adiante Zapatero para o ano próximo e que suporá unha media de entre 500 e 600 euros anuais por veciño.

HOSPITAL

En relación co Hospital da Costa o deputado popular lembra que o investimento neste servizo supera o millón de euros, tan só para a partida destinada ao seu plan funcional, isto é para obras e reformas, o que supón un 50,97% máis ca o previsto polo PSOE. “Os datos desmenten polo tanto as palabras dos socialistas e amosan dun xeito evidente o grado de compromiso de cada quen en materia de mellora da sanidade pública”.

Os populares creen inaudito que hoxe chamen á mobilización aqueles que tiñan esquecido o hospital, colapsada a asistencia urxente e as distintas consultas dos especialistas e que, por riba de todo esto, permitían que miles de veciños nin tan sequera apareceran nas listas de espera, porque non estaban a ser citados para as súas consultas médicas e cirúrxicas

Exit mobile version